Ada Colau di que "a reforma constitucional non pode ser escusa para non buscar un referendo pactado" en Catalunya. Asegúrao nunha entrevista en eldiario.es.

Ada Colau di que "a reforma constitucional non pode ser escusa para non buscar un referendo pactado" en Catalunya. Asegúrao nunha entrevista en eldiario.es.
A CUP esixe a Puigdemont que diga "nidiamente" que declarou a independencia. Albiol (PP) quere aproveitar o artigo 155 para mudar o sistema de ensino catalán e o papel dos Mossos.
Navantia atribúe á CIG os "danos e prexuízos" pola folga e anuncia "todas as accións legais necesarias"
Pedro Sánchez pide "abrir o debate de como Catalunya queda en España" e aposta por "eleccións" autonómicas. O líder do PSOE asegura que a aplicación do artigo 155 depende de Puigdemont. Fala nunha entrevista en eldiario.es.
A presidenta da Deputación de Pontevedra insta a Rueda a aclarar se "hai un documento asinado" con garantía de "investimentos da Xunta" en Tui se triunfa a moción de censura na que o PP dará a alcaldía a Converxencia XXI, con dous edís. A xuízo de Carmela Silva, Rueda é "a man que mece o berce" nestas operacións e é "o peor herdeiro de Rafael Louzán", cos seus "mesmos métodos".
O Concello de Sada logra a aprobación do seu plan de urbanismo por primeira vez na súa historia. O Goberno local -Sadamaioría, PSdeG e BNG- ratificou este venres a luz verde definitiva da Xunta ao seu PXOM, que acumulaba 10 anos de trámites, e "supera" as normas provisionais do ano 2006. Entre os primeiros obxectivos, avanzan, figura a ampliación do CEIP de Sada, expropiar terreos para crear espazos libres nas Brañas ou o plan especial do Pazo de Meirás.
O Goberno de Cantabria pagou 115.000 euros por publicacións de Enrique Iglesias nas redes sociais dous anos despois de que a Xunta financiase un vídeo de artista con máis de 300.000 euros e xustificase a achega por motivos de promoción turística.
Mariano, contigo empezou todo. O xornalista Anxo Lugilde analiza nesta crónica dende Barcelona a situación catalá para os xornais do grupo El Progreso.
Goberno de España e PSOE traballan cunhas novas eleccións en Catalunya como escenario máis probable con ou sen aplicación total do artigo 155 da Constitución, cuxa activación decidiu Rajoy o pasado mércores.
Estados Unidos anuncia a súa saída da UNESCO polo seu "continuado sesgo anti Israel", segundo o Goberno norteamericano. En outubro de 2012, a organización aprobou a incorporación de Palestina como membro de pleno dereito. A directora xeral da UNESCO, Irinia Bukova, lamentou a decisión e fixo unha defensa do multilateralismo. Washington xa se retirara da institución en 1984, en protesta polo Informe McBride, regresando en 2003.