A presidenta da Deputación de Pontevedra insta a Rueda a aclarar se "hai un documento asinado" con garantía de "investimentos da Xunta" en Tui se triunfa a moción de censura na que o PP dará a alcaldía a Converxencia XXI, con dous edís. A xuízo de Carmela Silva, Rueda é "a man que mece o berce" nestas operacións e é "o peor herdeiro de Rafael Louzán", cos seus "mesmos métodos".
