Dimite Conde Roa. "Os cidadáns teñen dereito a saber que o seu alcalde non é imputado por un delito no exercicio do seu cargo", aclara o rexedor, que di marchar "sen ningún tipo de beneficio persoal". "Non puido ser máis evidente", di, tras advertir que "Compostela non merece un alcalde que estea na situación na que eu estou". #CondeRoa
Fálase
Dimite Conde Roa. "Presentarei hoxe a miña dimisión como alcalde de Santiago", di en rolda de prensa o aínda rexedor, que cre que "é o mellor" para a súa familia "dada a situación procesual" na que se atopa.
A confianza do investidor en España caeu a mínimos históricos no primeiro trimestre do ano ao situarse en -3,86 puntos, superando os niveis máis baixos de 2008, tal e como aclara a enquisa elaborada por JP Morgan.
O Universidade de Vigo Iveco acadou a permanencia na División de Honra, malia a perder fronte ao VRAC Quesos Entrepinares, grazas a un punto bonus
O xuíz Vázquez Taín notifícalles ás partes a imputación formal do alcalde de Santiago. O concello compostelán confirma que Conde Roa comparecerá ante os medios ás 12 da mañá.
Esta mañá o ministro de Educación, José Ignacio Wert, exponlles ás autonomías o seu plan para recortar 3.000 millóns. Dáse por feito que subirá a ratio de alumnado por aula e as taxas universitarias e vense perigar as interinidades. Na Cadena SER.
Sogama adxudícalle a un despacho de avogados un servizo de "prevención de imputacións delitivas". Vén de facelo a través dun procedemento negociado sen publicidade por 50.000 euros máis IVE. Aquí, algúns detalles.
A débeda dos clubes de fútbol de Primeira división xa duplica os seus ingresos. En La Información.
O rei Juan Carlos, cliente preferente dun fabricante de armas de luxo de Italia. Cóntao Vilaweb.
A prima de risco sitúase en 438,3 puntos básicos, cun interese superior ao 6%, logo de iniciar á sesión en 426,2 euros.