Más de 110.000 personas reciben a Puigdemont en Perpiñán, no acto convocado polo Consell per la República. "Hoxe pisamos como persoas libres terra catalá", destacou o ex presidente da Generalitat, que afirmou que "a República Catalá témola que construír entre todos. Non sobra ninguén"
Fálase
Martiño Noriega será o número 3 pola Coruña da lista de Galicia en Común, mentres que Miguel Anxo Ferán Vello encabezará a candidatura de Lugo, e Iria Figueroa será a número 2 por Pontevedra. Así o anunciou esta mañá Antón Sánchez, que abandonará o Parlamento despois de 8 anos, e que se centrará no seu traballo como Portavoz Nacional de Anova.
Ás 12 horas comeza en Perpiñán o acto convocado polo Consell per la República no que intervirá Carles Puigdemont, e no que espera reunir a máis de 70.000 persoas procedentes de Catalunya.
Nas últimas horas foron extinguidos dous incendios forestais que queimaron 110 hectáreas en San Xoán de Río e outras 40 en Vilariño de Conso.
O número de mortes das persoas ingresadas por gripe en Galicia elévase a 59 dende o inicio da campaña, en decembro. 25 delas morreron directamente pola enfermidade, que hai xa dúas semanas comezou a remitir. En total, foron ingresadas 1.430 persoas con diversos tipos de gripe. Entre as 59 persoas falecidas, 55 tiñan indicada a vacina e 32 non estaban vacinadas.
PP e Democracia Ourensana impiden cos seus votos a creación dunha comisión de investigación na Deputación de Ourense sobre a fragmentación de contratos por parte do ente provincial para adxudicalos sen concurso público. A comisión de investigación fora solicitada polo PSdeG-PSOE, que denuncia que esta negativa "pervirte" a democracia, subliñando que DO “apoia agora este proceder que antes denunciaba”
A RAG acolle o luns a presentación de Castelao. Construtor da nación, a biografía máis completa do galeguista escrita por Miguel Anxo Seixas e froito da súa tese de doutoramento, sobre a que falamos hai un tempo: “Se Castelao se rendese, Galicia aínda estaría hoxe sen Estatuto”.
A ETB evoca o derrubamento do vertedoiro coruñés de Bens en 1996 como precedente do recente sinistro de Zaldibar. A televisión pública vasca analiza as semellanzas de ambos sucesos da man de Anxo Lugilde.
5A | Feijóo asegura que volve ser candidato ás eleccións para "sacar a Galicia" do "aquelarre político" do "goberno socialista e podemita". O actual presidente e aspirante á reelección polo PP afirmouno nunha entrevista en EsRadio, onde alertou que de que un Goberno de esquerdas na Xunta "poría en marcha o que se denomina Estado plurinacional". Na imaxe, nun acto de partido este venres na Coruña.
Feijóo proclama que se "está estendendo" un "coronavirus industrial" en empresas galegas por culpa do Goberno central do PSOE e Unidas Podemos. O presidente da Xunta e candidato do PP afirmouno tras o Consello do Goberno galego para reclamar que o estatuto da industria electrointensiva que ultima o Ministerio de Industria traia "solucións" a compañías como Alcoa en San Cibrao.