Os incendios en Chandrexa de Queixa e Lobeira queimaron cadansúas 25 hectáreas, no caso de Lobeira dentro do parque do Xurés e ambos xa foron extinguidos. Dende o serán do domingo trabállase contra outro incendio en Muras, que xa atinxiu a 75 hectáreas. Estes tres son os únicos dos que dá conta Medio Rural este luns. Na imaxe, o lume en Chandrexa (Brigada Marroxo).
Fálase
Medio Rural prohibe desde este luns as queimas agrícolas e forestais debido ao alto risco de incendio. Quedan tamén en suspenso os permisos xa concedidos. Na provincia de Ourense, permanecen activos pero controlados dous incendios importantes en Chandrexa e Lobeira, cunhas 50 hectáreas queimadas. Foto: Emerxencias Ourense.
Milleiros de persoas colapsan Altsasu pedindo xustiza tras a sentenza que condenou varios mozos a elevadas cadeas de cárcere. Unhas 60.000 persoas, segundo os organizadores, percorreron as rúas desta vila navarra.
Pintada ameazante contra a candidata do BNG e tenente de alcalde en Pontevedra, Carme da Silva. Un punto de mira e o nome da aspirante ao Congreso apareceu pintado na súa casa.
As rapazas do CRAT da Coruña fan historia ao acadar o seu segundo de título de Liga da División de Honra de rugby tras vencer na final deste domingo ao INEF L'Hospitalet (31-15). O equipo galego repite título tras o conseguido en 2015.
A provincia de Ourense sofre varios incendios noutra xornada de calor. O de Lobeira, activo aínda, queimou xa 40 hectáreas e afecta o parque natural do Xurés. En Padrenda, quedou extinguido outro foco que arrasou máis de 20 hectáreas. Foto: Emerxencias Ourense.
Unha enquisa de Sondaxe sitúa o PSOE como vencedor das xerais e a ultradereita de Vox como terceira forza con 50 escanos. En Galicia, o PSdeG subiría pero a dereita gañaría beneficiada pola división da esquerda. Segundo outro inquérito para El País, a vitoria socialista sería máis clara pero a suma con Unidas Podemos non lle abondaría para gobernar.
Outro eurodeputado confirma na ría do Burgo que a contaminación persiste seis anos despois da visita doutra delegación da Eurocámara. Ana Miranda, europarlamentaria do BNG, esixe ao Goberno central e á Xunta o seu saneamento integral. Hai dous meses, o Parlamento Europeo reabriu o expediente sobre a contaminación das rías galegas.
O Ministerio de Xustiza dotará a Lugo da "estrutura de persoal correspondente a un novo xulgado do Social". Así llo transmitiu a ministra Dolores Delgado á alcaldesa, Lara Méndez, durante a reunión mantida este pasado venres, segundo aclara o Consistorio.
Multitudinaria manifestación en Londres para pedir un segundo referendo sobre o Brexit. Os organizadores cifran nun millón de persoas a asistencia á marcha.