A inmobiliaria Royal Urbis presenta concurso de acreedores. É o segundo maior concurso do Estado, só superado polo de Martinsa-Fadesa. En El Diario.
A inmobiliaria Royal Urbis presenta concurso de acreedores. É o segundo maior concurso do Estado, só superado polo de Martinsa-Fadesa. En El Diario.
Un cento de persoas concéntranse xa ás portas da vivenda de Aurelia Rey para impedir que se execute a expulsión da súa vivenda. Algúns dos integrantes de Stop Desahucios atópande no interior da casa e o portal está protexido por unha barra de ferro. Entre os concentrados está Francisco Jorquera e os voceiros municipais de BNG e EU.
A Audiencia Provincial da Coruña desestima o recurso de apelación da Fiscalía do TSXG sobre a demanda colectiva de afectados por participacións preferentes e subordinadas contra Novagalicia Banco. Carlos Varela usará agora un precedente europeo para esixir a anulación dos contratos por ser "unha práctica abusiva"
Os integrantes da Plataforma das Artes Escénicas manteñen as súas accións de protesta ante a negativa do Conselleiro de Cultura a manter con eles unha xuntanza. Ás dez da mañá teñen convocada unha rolda de prensa ás portas do edificio da AGADIC, na Cidade da Cultura
O ladrón do Códice pide declarar ante o xuiz para denunciar roubos e "relacións sexuais" na catedral
O parlamento holandes aproba manter o bombeo por fractura hidráulica (fracking) asumindo que comporta un grave risco de sismos. O ministro de Economía afirma: “debo prolongar a inseguridade cidadá un ano máis”
Catro detidos polo escándalo de espionaxe en Catalunya, entre eles o director da axencia Método 3
Salva Ballesta afirma en Radio Marca que foi "vetado" polo Celta de Vigo como segundo adestrador de Abel Resino "por temas políticos". ABC titula a este respecto: "Salva Ballesta demasiado español para el Celta". Salva amosou en varias ocasións a súa proximidade ás ideas de ultradereita.
CIG, Asca e CGT impugnarán o acordo de ERE de Novagalicia Banco. "Se hai despidos, hai conflito", aseguran os sindicatos.
Os profesores asociados da Universidade de Vigo critican a aplicación do Decreto Wert, que se traduce na diminución do número de docentes co consecuente recorte da calidade do ensino.