O parlamento holandes aproba manter o bombeo por fractura hidráulica (fracking) asumindo que comporta un grave risco de sismos. O ministro de Economía afirma: “debo prolongar a inseguridade cidadá un ano máis”
O parlamento holandes aproba manter o bombeo por fractura hidráulica (fracking) asumindo que comporta un grave risco de sismos. O ministro de Economía afirma: “debo prolongar a inseguridade cidadá un ano máis”
Catro detidos polo escándalo de espionaxe en Catalunya, entre eles o director da axencia Método 3
Salva Ballesta afirma en Radio Marca que foi "vetado" polo Celta de Vigo como segundo adestrador de Abel Resino "por temas políticos". ABC titula a este respecto: "Salva Ballesta demasiado español para el Celta". Salva amosou en varias ocasións a súa proximidade ás ideas de ultradereita.
CIG, Asca e CGT impugnarán o acordo de ERE de Novagalicia Banco. "Se hai despidos, hai conflito", aseguran os sindicatos.
Os profesores asociados da Universidade de Vigo critican a aplicación do Decreto Wert, que se traduce na diminución do número de docentes co consecuente recorte da calidade do ensino.
Publican un mapa global das startups tecnolóxicas. Na Península hai 367, a meirande parte concentradas entre Madrid e Barcelona, e en menor medida Lisboa e Porto. Spain Startup Map ofrece unha panorámica máis completa da situación en España
Continúa o peche no Hospital Xeral de Vigo a prol da sanidade pública e en contra dos recortes e da privatización. O encerro manterase ata as 8 da mañá deste martes. Imaxe de @aljo_farias.
Uns 200 membros da Plataforma das Artes Escénicas permanecen pechados na sede da AGADIC, na Cidade da Cultura, "para denunciar cunha solicitude formal a grave situación na que se atopan as empresas e traballadores do sector".
O desafiuzamento de Aurelia Rey foi finalmente paralizado despois de horas de tensión e de que os bombeiros se negasen a executar a orde policial para rechar unha cadea que pechaba o portal. Os concentrados farán gardas por quendas diante da vivenda para evitar a expulsión.
Enfrontamentos entre a policía e os concentrados ás portas da casa de Aurelia Rey. Francisco Jorquera, voceiro parlamentario do BNG, ou César Santiso, voceiro municipal de EU, foron zarandeados polos antidisturbios. Os bombeiros néganse a cortar a cadea que pecha o portal da vivenda. Máis información, nuns minutos en Praza.