Falece aos 80 anos o empresario Alfonso Paz-Andrade nun accidente de tráfico en Gondomar. Segundo informa Faro de Vigo, perdeu o control do vehículo que conducía e bateu contra unha casa.
Fálase
O produtor Álvaro Pérez Becerra, novo presidente da Academia Galega do Audiovisual. Nado en 1989, convértese no presidente máis mozo das oito academias do audiovisual existentes na Península Ibérica. Traballa dende hai máis dunha década en proxectos audiovisuais e de artes escénicas a través de Ainé Producións e Undodez xunto ao actor Xosé A. Touriñán. As vicepresidencias da entidade corresponden a ao produtor Pepe Coira e á actriz e directora Sonia Méndez.
Dende a pasada medianoite están en vigor as últimas mudanzas nas restricións da Xunta pola COVID-19. Ningún concello está xa en nivel máximo, tras o paso ao alto da Pobra do Caramiñal e Mos, onde xa non está vixente o peche perimetral, volven estar permitidos os encontros de persoas non conviventes e a hostalería pode retomar parcialmente a actividade.
- MAPA INTERACTIVO | Restricións da Xunta pola COVID-19 dende o 7 de xuño
Falece o catedrático da USC Luís Caramés, logo do derrame cerebral que sufriu o pasado venres, segundo informa El Correo Gallego.
Feijóo reunirase co Papa Francisco o vindeiro 14 de xuño para "abordar a importancia do Xacobeo 21-22", segundo destaca a Xunta, que aclara que o presidente "trasladaralle o agradecemento de todos os galegos pola ampliación do Ano Santo". O xefe do Executivo galego xa se reunira con Benedito XVI en 2010 como parte da expedición que encabezaba o arcebispo de Santiago.
A Unesco informa favorablemente para que a Ribeira Sacra sexa Reserva da Biosfera a finais de verán. A nova chega poucos días despois de que a Xunta e o Goberno central decidisen aparcar a carreira para que sexa tamén declarada Patrimonio da Humanidade.
Ana Romaní e Inma López Silva, gañadoras dos Premios da Crítica 2020 en poesía e narrativa en lingua galega polas súas obras A desvértebra e O libro da filla, respectivamente.
Unha multitudinaria manifestación en Santiago clama contra a "invasión eólica" e reclama a paralización da avalancha de proxectos en tramitación. Toda a información, hoxe en Praza.gal. Foto: BNG.
As principais economías do mundo acordan crear unha taxa dixital e un imposto mínimo global do 15% ás empresas. Os ministros de Finanzas do G7 alcanzan un acordo que será ratificado polos xefes de Goberno en poucos días. Foto: HM Treasury.
Morre unha muller no incendio da súa casa en Oroso o mesmo día no que ía ser desafiuzada. A Garda Civil investiga se o fillo, que está ferido grave, foi quen provocou o lume.