Beatriz Figueroa reúnese nestes momentos coa Defensora do Pobo e é apoiada polo BNG na súa loita por unha maior protección laboral e social para os enfermos de cancro. Máis informacións, hoxe en Praza.
Fálase
The Guardian analiza como "os alcaldes indignados" se "manteñen fieis ás súas raíces" no inicio dos mandatos e recolle a decisión dos rexedores da Coruña, Ferrol e Santiago a respecto de non acudir a actos relixiosos, incluíndo o artigo en Praza Pública no que Martiño Noriega detallou as súas razóns.
O Museo Provincial de Lugo acollerá este venres a presentación do número 100 da revista de pensamento crítico A Trabe de Ouro. No acto intervirá o director X. L. Méndez Ferrín, o editor Olegario Sotelo Blanco, e os membros do consello de redacción Rosa López e Darío Xohán Cabana.
O orzamento para investigación nas universidades caeu un 38% dende o inicio da crise, denuncia un informe presentado este luns pola Conferencia de Reitores de las Universidades Españolas (CRUE)
Marea Atlántica critica que o Goberno municipal de Negreira gastase ata xuño 21,1 millóns de euros máis do que ingresou
Pedro Sánchez será designado este martes candidato único ás primarias do PSOE para escoller candidato á presidencia do Goberno
El Diario repasa outros tuits e frases insultantes, ameazadores ou denigrantes escritos ou pronunciadas por políticos, a maior parte do PP, e que non supuxeron dimisión ningunha
O alcalde de Oza-Cesuras renuncia ao seu escano na Deputación para non compartir grupo co rexedor de Curtis, tamén do PP, que "foi conselleiro de Caixa Galicia, coas consecuencias que o escándalo das preferentes provocou na nosa comarca". Recólleo El País
Dous xuíces nomeados polo PP no CGPJ xulgarán o caso Gürtel. Recólleo eldiario.es
A dirección central do PP culpa a Pedro Sánchez de "regalar 'La Coruña" aos "radicais".