Telefónica quedou sen o seu mellor cliente coa caída de MegaUpload. A empresa española levaba meses negociando con Kim DotCom para darlle servizo no seu novo centro de datos: Content Delivery Network (CDN).
Fálase
Deteñen en Ferrol dúas persoas presuntamente relacionadas con Resistencia Galega. Julio César Sayans Suárez e Silvia María Casal Sabin están acusados de realizar actividades de financiamento do grupo.
Novagalicia Banco transferirá ao banco malo activos e préstamos por 7.200 millóns. A entidade adquirirá solo e 'ladrillo' cun desconto medio do 63%, segundo conta El Diario.
A Xunta ratifica que apoia a intervención do Hospital Galego de Bos Aires por parte do Goberno arxentino e culpa o bipartito da crise financeira do centro.
Access Info Europe tenrá que pagar 3.000 euros por preguntar cales son as medidas que España está poñendo en marcha para loitar contra a corrupción. O Tribunal Supremo pronúnciase deste xeito contra o dereito á información e contra a petición de transparencia. Access Info Europe calcula que o nivel de silencio administrativo nas solicitudes de acceso a información a institucións españolas é dun 50%.
Marcos Abalde gaña o premio Marques de Bradomín por Xudite. É a primeira vez que un autor galego e en galego obtén este galardón de textos dramáticos que outorga o Instituto de la Juventud, Injuve.
Fátima Báñez cre que "España xa está saíndo da crise". A minitra de Emprego cre que hai indicadores que apuntan á recuperación, malia que os últimos datos da EPA son os peores da democracia.
Obama cre que "España representa o maior problema" na economía mundial e di que os EUA "non poden permitirse a súa caída". Asegurouno nunha entrevista para Prisa Radio.
O ministro de Defensa defende a venda de armas a países que violan os dereitos humanos: "Nada é perfecto en política", xustifica. En El Diario.
O PP lanza un vídeo de cara ás eleccións catalás baixo o lema Nos gusta Cataluña, no que recuperan a imaxe de Cobi, a mascota dos Xogos Olímpicos de Barcelona. Na montaxe, Rajoy asegura que lle gusta Catalunya porque tamén é "a súa terra" e porque os cataláns "fan cousas" e "cumpren".