Fátima Báñez cre que "España xa está saíndo da crise". A minitra de Emprego cre que hai indicadores que apuntan á recuperación, malia que os últimos datos da EPA son os peores da democracia.
Fálase
Obama cre que "España representa o maior problema" na economía mundial e di que os EUA "non poden permitirse a súa caída". Asegurouno nunha entrevista para Prisa Radio.
O ministro de Defensa defende a venda de armas a países que violan os dereitos humanos: "Nada é perfecto en política", xustifica. En El Diario.
O PP lanza un vídeo de cara ás eleccións catalás baixo o lema Nos gusta Cataluña, no que recuperan a imaxe de Cobi, a mascota dos Xogos Olímpicos de Barcelona. Na montaxe, Rajoy asegura que lle gusta Catalunya porque tamén é "a súa terra" e porque os cataláns "fan cousas" e "cumpren".
O Goberno español négase a asistir a algunhas xuntanzas técnicas do Consello Europeo por non poder utilizar o castelán nelas. Cóntao El Períodico de Catalunya
Profesionais e empresas do sector critican o gasto de medio millón de euros na renovación da web do Senado
As vendas do comercio minorista do mes de setembro descenden un 12,6% con respecto ao mesmo mes do pasado ano, en boa medida polo incremento do IVE
A plataforma Stop Desahucios forza a suspensión do pleno municipal de Vigo. As protestas coincidiron co debate dunha moción presentada polo PSOE sobre a modificación da Lei Hipotecaria.
Draghi apoia que Bruxelas poida intervir nos orzamentos estatais. O presidente do BCE está a favor de que os países cedan soberanía.
A Liga Estudantil Galega tamén se adhire á folga xeral e chama ao estudantado ao paro no ensino.