A Liga Estudantil Galega tamén se adhire á folga xeral e chama ao estudantado ao paro no ensino.
Fálase
Os Comités adhírense á folga xeral do 14 de novembro e convocan unha xornada de paro estudantil coincidindo coa data. A organización apoia a folga "contra as agresións reiteradas provocadas pola Xunta e Goberno central e contra unhas políticas que só atenden aos intereses dos mercados".
Daniel Raventós entevista a Xosé Manuel Beiras para Sin Permiso. O líder de AGE analiza os resultados electorais en Galicia como "un episodio no proceso de descomposición do actual réxime político español da IIª Restauración borbónica"
A Axencia Estatal de Meteoroloxía deixa dende hoxe de ofrecer en aberto e de balde os datos das súas observacións e investigacións.
Falece José Antonio Orza, ex conselleiro de Economía durante o Goberno Fraga e até o de agora conselleiro de Contas, segundo adianta a Radio Galega.
Facenda oculta aos seus propios inspectores toda a información sobre a amnistía fiscal. Bloquea o acceso a datos fiscais incluídos nas regularizacións. Cóntao La Información.
Gómez Noya gaña o Mundial de triatlón cros na súa primeira participación. O galego pecha así un ano 2012 cheo de éxitos, tras a prata olímpica ou o Europeo de Eliat.
El Mundo anuncia na súa primeira páxina que o Goberno central crea, a instancias de Ruiz-Gallardón, unha "célula de crise contra a independencia" de Catalunya
Os partidos de esquerda gañan as eleccións en Lituania, con ascensos para o Partido Socialdemócrata e para o Partido do Traballo. A conservadora Unión pola Patria, até agora no poder, pagou a súa politica de austeridade e de recortes.
Novagalicia Banco reducirá a súa dimensión ata ser semellante á antiga Caixanova. Cóntao El País.