Profesionais e empresas do sector critican o gasto de medio millón de euros na renovación da web do Senado
Fálase
As vendas do comercio minorista do mes de setembro descenden un 12,6% con respecto ao mesmo mes do pasado ano, en boa medida polo incremento do IVE
A plataforma Stop Desahucios forza a suspensión do pleno municipal de Vigo. As protestas coincidiron co debate dunha moción presentada polo PSOE sobre a modificación da Lei Hipotecaria.
Draghi apoia que Bruxelas poida intervir nos orzamentos estatais. O presidente do BCE está a favor de que os países cedan soberanía.
A Liga Estudantil Galega tamén se adhire á folga xeral e chama ao estudantado ao paro no ensino.
Os Comités adhírense á folga xeral do 14 de novembro e convocan unha xornada de paro estudantil coincidindo coa data. A organización apoia a folga "contra as agresións reiteradas provocadas pola Xunta e Goberno central e contra unhas políticas que só atenden aos intereses dos mercados".
Daniel Raventós entevista a Xosé Manuel Beiras para Sin Permiso. O líder de AGE analiza os resultados electorais en Galicia como "un episodio no proceso de descomposición do actual réxime político español da IIª Restauración borbónica"
A Axencia Estatal de Meteoroloxía deixa dende hoxe de ofrecer en aberto e de balde os datos das súas observacións e investigacións.
Falece José Antonio Orza, ex conselleiro de Economía durante o Goberno Fraga e até o de agora conselleiro de Contas, segundo adianta a Radio Galega.
Facenda oculta aos seus propios inspectores toda a información sobre a amnistía fiscal. Bloquea o acceso a datos fiscais incluídos nas regularizacións. Cóntao La Información.