Varias mobilizacións exixen o indulto para Carlos, Serafín, Ana e Tamara, condenados a tres anos de cadea por participar en piquetes. Seis cidades acolleron concentracións contra unhas penas "inxustas e desproporcionadas".
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/537dc9645ce66-10346057_764201726944541_5084169949238796266_n.jpg)
Varias mobilizacións exixen o indulto para Carlos, Serafín, Ana e Tamara, condenados a tres anos de cadea por participar en piquetes. Seis cidades acolleron concentracións contra unhas penas "inxustas e desproporcionadas".
As Xuventudes Socialistas difunden un vídeo no que Cañete propón amosar "a ecografía" ás mulleres mentres se practica a interrupcion do embarazo. As mocidades do PSdeG ven acreditado que o machismo do candidato do PP non é só "cuestión dun mal día", senón da súa "ideoloxía".
Irmandade TV, expulsada do xuízo polas protestas na marcha de Galicia Bilingüe "por usar Twitter", segundo explican desde a canle.
Aduanas asegura que Aquagest redactou a documentación do concurso municipal no que o Concello de Punxín lle adxudicou a xestión do servizo de augas, un proceso que está sendo investigado no marco da Pokémon.
A comunidade universitaria da UDC rexeita a proposta do presidente do Consello Social, Antonio Abril, para modificar os mecanismos de xestión, unificando Consello Social e Consello de Goberno, e participando na elección do reitor axentes de fóra do ámbito universitario.
#europeas2014 Xa están en marcha as eleccións no Reino Unido e Holanda. Mañá, venres, será a quenda para Irlanda. No caso británico os comicios da UE cadran cos locais.
Asociacións taurinas piden censurar Twitter por comentarios que consideran "rastreiros" tras as cornadas sufridas por tres toureiros nunha mesma tourada. Recólleo Europa Press.
A comunidade educativa das Balears volve saír á rúa en defensa do catalán. Será unha manifestación unitaria contra o decreto de linguas, os recortes e a Lomce.
Vendex acadou case a metade dos contratos municipais aos que optou na Coruña nos últimos doce anos. O Concello adxudicou 33 dos 75 servizos que se licitaron neses anos.
A última proxección da Eurocámara outórgalle ao PPE 217 escanos (28,89%) e aos socialdemócratas, 199 (26,50%). Os liberais terían 61 escanos e os Verdes/ALE, 50 escanos e o grupo da Esquerda, 46.