Veciñanza de Guitiriz viaxa en tren ata Lugo para reivindicar que Fomento "non deixe morrer" as conexións ferroviarias na contorna. "O PP foi recortando trens, facendo precaria a conexión con Lugo e ata privándonos da parada do Alvia diurno a Madrid, que pasa polo Concello pero
non para", di a alcaldesa, Regina Polín.
