A web ceosgalegos.com difunde a insólita imaxe dun raio azul do sol, un efecto óptico extraordinario gravado agora en Galicia por primeira vez.
Fálase
O PP carga contra Ciudadanos por non lle ceder un deputado no Parlamento catalán que lle permita ter grupo propio. Os resultados dos populares nas eleccións de decembro -4 escanos tras o voto emigrante- déixaos no Grupo Mixto, no que tamén está a CUP, o que limita a súa capacidade de intervir e tamén de percibir subvencións públicas.
O Parlamento pide por unanimidade a fin dos privilexios fiscais que permiten á AP-9 non pagar o 95% do IBI aos concellos. A Cámara reiterou a petición coa aprobación dunha iniciativa de En Marea ao respecto.
O Goberno central rescatará en febreiro as autoestradas de peaxe asumindo unhas perdas de polo menos 2.000 millóns.
Feijóo asegura que no PPdeG hai persoas "que poden optar perfectamente" a substituílo na candidatura á Xunta e que a súa remuda será "máis fácil" que a de Fraga. O criterio que debera primar, agrega, é a "experiencia" na xestión pública e a decisión será tomada "no último ano da lexislatura", que remata en 2020.
O ministro do Interior defende no Senado as cargas policiais do 1-O en Catalunya como "lexítimas, profesionais e proporcionadas". eldiario.es está a contar a comparecencia de Zoido, na que recoñeceu que o despregamento policial para frear o referendo custou uns 87 millóns de euros.
Tras a xornada de alerta vermella do mércores este xoves a situación no litoral do país mellora, aínda que continúa o aviso amarelo, como advirte Meteogalicia
Aprobados inicialmente os orzamentos do Concello de Santiago cos votos a favor de Compostela Aberta, a abstención de PSdeG e BNG e o voto en contra do PP. A capital galega únese a Vigo, Pontevedra e A Coruña, cidades coas contas xa aprobadas neste primeiro mes de 2018.
VÍDEO | Os efectos da alerta vermella nótanse con forza no litoral da Coruña e Lugo. Ondas de ata dez metros están golpeando a costa durante esta tarde.
Roger Torrent, elixido novo presidente do Parlament, chama a "poñer fin" á intervención do Estado co 155 e a "restituír plenamente" as institucións catalás no seu primeiro discurso no cargo.