O xuíz Ruz pide un informe sobre a legalidade de varios contratos, por 2 millóns de euros, de Aena da época na que Álvarez-Cascos era ministro de Fomento. Poderían estar ligados á trama Gürtel. Cóntao a Cadena SER.

O xuíz Ruz pide un informe sobre a legalidade de varios contratos, por 2 millóns de euros, de Aena da época na que Álvarez-Cascos era ministro de Fomento. Poderían estar ligados á trama Gürtel. Cóntao a Cadena SER.
Onte arderon 400 hectáreas dunha Reserva da Biosfera en catro concellos de Ourense. Cóntao El País.
A plataforma en defensa dos medios públicos, 'Mira por elas', xa está presente no Twitter
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a estrutura do Consello Galego de Relacións Laborais. Atendendo ao anunciado por Feijóo no debate de política xeral mudará dentro de pouco para fusionarse co Consello Económico e Social.
El Punt-Avui replica este venres a portada do ABC de onte
A débeda de Galicia superou os 7.000 millóns de euros. Nos últimos doce meses o Goberno que preside Núñez Feijóo incrementou o seu débito en máis de 800 millóns de euros. Son datos do Banco de España que ampliaremos ao longo da mañá.
Os afectados pola "fraude" das participacións preferentes volveron concentrarse este xoves en Vigo para reclamar unha solución ao seu problema. Baixo o control de varios vehículos policiais, os manifestantes lanzaron ovos contra a sede central de Novagalicia Banco e corearon consignas contra os directivos da entidade e contra Alberto Núñez Feijóo. A imaxe é de Emilio Rodríguez Tris
Os equipos de fútbol que teñan débedas con Facenda dentro de tres anos serán expulsados da competición. A Liga de Fútbol Profesional porá en marcha esta medida de xeito progresivo, creando un sistema de control económico semellante ao fair play financeiro de UEFA, facendo un seguimento das finanzas e advertindo de posibles desviacións, sancionando coa perda de puntos os clubes que non cumpran, e mesmo expulsándoos