Os afectados pola "fraude" das participacións preferentes volveron concentrarse este xoves en Vigo para reclamar unha solución ao seu problema. Baixo o control de varios vehículos policiais, os manifestantes lanzaron ovos contra a sede central de Novagalicia Banco e corearon consignas contra os directivos da entidade e contra Alberto Núñez Feijóo. A imaxe é de Emilio Rodríguez Tris
