
Fálase
Os equipos de fútbol que teñan débedas con Facenda dentro de tres anos serán expulsados da competición. A Liga de Fútbol Profesional porá en marcha esta medida de xeito progresivo, creando un sistema de control económico semellante ao fair play financeiro de UEFA, facendo un seguimento das finanzas e advertindo de posibles desviacións, sancionando coa perda de puntos os clubes que non cumpran, e mesmo expulsándoos
24 deputados farán folga o vindeiro 29M (os de IU, ICV, Amaiur, ERC, BNG, Compromís, e Chunta). Non parecen moitos, pero son 17 máis dos que apoiaron a folga do 29 de setembro de 2010.
O presidente d'A Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, revela no seu blog un escrito remitido polo Sergas a un paciente que reclamou ser atendido en galego. Asinado pola supervisora de atención ao usuario do complexo hospitalario de Vigo, redactado só en castelán e con faltas de ortografía, lémbralle ao doente que "los idiomas gallego y castellano son oficiales en Galicia".
O Goberno aprobará este venres un decreto a través do cal suprimirá 27 empresas públicas, entre as cales estará a Sociedad Pública de Alquiler. O Executivo que dirixe Mariano Rajoy asegura que esta medida servirá para aforrar e adelgazar o sector público empresarial. Información de El País
O alcalde de Santiago súmase con entusiasmo ás fusións municipais ás que anima Feijóo. Conde Roa, de visita con Alfonso Rueda ás obras dos novos xulgados de Compostela, asegura que a capital galega e Boqueixón darán "boas noticias" en pouco tempo.
A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, participou nunha comparecencia conxunta en Estrasburgo para apoiar a Declaración de Aiete, a prol da "resolución co conflito vasco". Miranda coida que é "un orgullo poder defender un futuro estable e pacífico para Euskal Herria". Xunto á parlamentaria galega estiveron Izaskun Bilbao, do PNV, Catherine Greeze e Francçois Alfonsi, dos Verdes, e Raúl Romeva, de Iniciativa per Catalunya.
Os catro concelleiros do BNG de Ribeira renuncian ás súas actas. Xosé Antón Vázquez Cobas será o novo voceiro municipal. Aínda que non formaba parte da lista electoral, a súa incorporación ao Concello poderase producir pola renuncia de varios membros da lista a substituir os edís dimisionarios.
Os traballadores de Alcoa na Coruña convocan á cidadanía a unha mobilización "masiva" para o luns 19 na Coruña con fins solidarios. O comité de empresa chama á doazón de sangue. "Que non che quiten o sangue, dóaa", anuncian.