Segundo vén de informar Reuters a través dun tuit, a destitución do presidente paraguaio, Fernando Lugo, foi aprobada no Senado por 39 votos a favor e 4 en contra.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/4fe4e06a638d2-flugo.jpg)
Segundo vén de informar Reuters a través dun tuit, a destitución do presidente paraguaio, Fernando Lugo, foi aprobada no Senado por 39 votos a favor e 4 en contra.
A Xunta vén de facer público o Plan de Prevención e Defensa contra Incendios (Pladiga) para este 2012. Finalmente, serán 363 persoas menos as que traballarán no monte durante o verán a respecto do ano pasado. O Goberno xustifica en que as "xornadas" do persoal serán as mesmas grazas á reforma laboral.
"A ciencia é cousa de rapazas". A UE, que necesita un millón de investigadores máis de aquí até o 2020, lanza unha campaña para que as mulleres se interesen máis polos estudos de ciencias, tecoloxía e enxeñarías. As mulleres, maioritarias nas carreiras universitarias, son só o 45% dos matriculados nos doutoramentos e apenas un terzo dos investigadores de carreira. A campaña xerou polémica, por ser considerada sexista, e a Comisión Europea viuse obrigada a substituír o primeiro vídeo, moi criticado.
O presidente da Xunta intervirá mañá na homenaxe ao ex presidente da Deputación de Ourense, José Luis Baltar. O acto celebrarase no recinto de Expourense e prevese multitudinario. Estará conducido polo presentador de televisión Xosé Manuel Piñeiro.
O pleno do Concello de Santiago aprobou este venres os seus orzamentos para 2012 só cos votos do PP. Un dos principais investimentos previstos é a reforma dun parque, cuxa configuración xa foi modificada hai escasos anos.
O Goberno central concédelle ao secretario xeral do PSdeG na Coruña, Francisco Caamaño, a Gran Cruz de San Raimundo de Peñafort na súa calidade de ex ministro de Xustiza
Milleiros de exipcios enchen a Praza Tahrir á espera de que se fagan públicos os resultados das eleccións presidenciais e para esixirlle ao exército que abandone o poder. O candidato dos Irmáns Musulmáns, Mohammed Morsi, estaría conformando unha coalición de forzas diversas, entre elas a de Mohamed El-Baradei, para asumir o poder.
The New York Times describe nunha reportaxe a forma en que a CIA estaría introducindo armas en Siria, co apoio de Turquía, Arabia e Qatar, para apoiar as forzas da oposición.
O presidente de Paraguai, Fernando Lugo, será sometido a un xuízo político no Senado (figura legal da Constitución paraguaia) que pode obrigalo a abandonar o cargo. O detonante foi a matanza de 17 persoas no desaloxo duns campesiños que ocuparan unhas terras. Lugo denuncia unha campaña orquestrada polas forzas conservadoras, encabezadas polo Partido Colorado
O ministro de Industria, José Manuel Soria, afirma que non hai ningún sector en España que reciba tantas axudas pública coma a minaría. Manifestouse partidario de negociar un nuevo plan, que se aplicaría a partir de 2013 até 2018, para "concretar las medidas do plan de peche remitido a Bruxelas". As minas que recibiron axudas pecharán en 2019.