A estratexia ultraconservadora de Nicolás Sarkozy parece que está dando resultado. Por primeira vez supera ao candidato socialista, François Hollande, na enquisa que publica o diario Le Monde. A foto é do diario galo

A estratexia ultraconservadora de Nicolás Sarkozy parece que está dando resultado. Por primeira vez supera ao candidato socialista, François Hollande, na enquisa que publica o diario Le Monde. A foto é do diario galo
O Banco Internacional de Pagos (BIS, nas súas siglas en inglés, Bank of International Settlements) vén de publicar un estudo que cifra en 120.000 a fuga de depósitos española e italiana a 31 de decembro de 2011. Un dato grave que afecta de maneira severa a ambos os dous países en contraposición cunha situación máis sostida no resto da banca europea
Microsiervos publica unha nota para os supersticiosos sobre Carlos Adán, concursante que batiu os récords de permanencia en Cifras y Letras e en Pasapalabra e que en ambos os dous foi eliminado en programas que se emitiron en martes e 13.
Estados Unidos baralla acelerar a saída das súas tropas de Afganistán, despois das noticias da matanza realizada esta fin de semana por un sarxento, que asasinou casa por casa 16 persoas. Cóntao o New York Times.
Un cento de delegados sindicais de Navantia Ferrol e Fene e de empresas auxiliares do sector naval de Ferrolterra iniciarán este martes unha marcha a pé dende a A Coruña hasta Santiago que rematará o xoves cunha protesta ante a Xunta á que se unirán uns 4.000 traballadores.
Critican que a privatización do servizo do ISBN prexudica ás pequenas editoriais e aos autores-editores, mentres que beneficia ás grandes empresas.
Dous anos de cárcere para uns mossos d'esquadra que, fora de servizo, lles roubaron 20 euros a dous inmigrantes despois de identificalos.
Joseba Segura, crego da Diócese de Bilbao especialista en pacificacións, di en El País que ETA "non decidirá a súa disolución até aclarar o futuro dos presos"
Os recortes deixan baleiros os centros de arte contemporánea. O orzamento da Consejería de Cultura de Murcia, por exemplo, pasou en tres anos de 140 a 42 millóns.
O Goberno central gastará máis de 250 mil euros no seguimento de medios. O servizo fará un seguimento das noticias sobre Presidencia do Goberno, os ministerios e os altos cargos da Administración que aparezan na prensa de distribución estatal e autonómica, radio, televisión, medios digitais e nas principais redes sociais