O Goberno central gastará máis de 250 mil euros no seguimento de medios. O servizo fará un seguimento das noticias sobre Presidencia do Goberno, os ministerios e os altos cargos da Administración que aparezan na prensa de distribución estatal e autonómica, radio, televisión, medios digitais e nas principais redes sociais
Fálase
Amaiur presenta este martes ante o Tribunal Constitucional o recurso polo veto ao seu grupo parlamentario no Congreso. Cóntao La Información.
A Xustiza desestima a demanda de Teddy Bautista contra a SGAE. Reclamaba 1,4 millóns de euros polo seu cesamento. En La Información.
O Goberno da Generalitat podería elevar ao 5% o novo recorte nas nóminas dos funcionarios. Así o deixou caer o presidente do Executivo, Artur Mas, se ben non é aínda un dato oficial. En Ara hai máis detalles
Dez librarías galegas especializadas en banda deseñada (A Gata Tola, Alita, Alita Orzán, Banda Deseñada, Kómic, Paz, Metrópolis, Norma, Sousa e Tanxencias) forman Zona Cómic, con outras 26 do resto do Estado, para realizar accións conxuntas para potenciar a novena arte.
O Tribunal Supremo ergue o segredo de sumario da parte da Operación Campeón vencellada ao ex ministro José Blanco
A seca segue a agravar o risco de lumes nos montes. A Xunta prohíbe as queimas controladas.
O alcalde de Lugo, Xosé López Orozco, confirma que foi citado a declarar como imputado no marco do caso Campeón. Terá que acudir aos xulgados o próximo día 23 ás 10 da mañá.
Soldados españois vixilarán a construción dun novo muro israelí de separación na fronteira co Líbano
SinPermiso publica unha análise do conflito sirio na que Asad AbuKhalil, membro do comité editorial da revista Arab Studies Journal, chama a opoñerse ao Consello Nacional Sirio, que combate o réxime de El Assad