A seca segue a agravar o risco de lumes nos montes. A Xunta prohíbe as queimas controladas.
Fálase
O alcalde de Lugo, Xosé López Orozco, confirma que foi citado a declarar como imputado no marco do caso Campeón. Terá que acudir aos xulgados o próximo día 23 ás 10 da mañá.
Soldados españois vixilarán a construción dun novo muro israelí de separación na fronteira co Líbano
SinPermiso publica unha análise do conflito sirio na que Asad AbuKhalil, membro do comité editorial da revista Arab Studies Journal, chama a opoñerse ao Consello Nacional Sirio, que combate o réxime de El Assad
"Hai que revisar a xustiza gratuíta ou as prestacións sanitarias". É o titular dunha entrevista concedida polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ao diario La Razón. "O camiño está cheo de esperanza: Rajoy ten a nave cun rumbo fixo e este é o Goberno que impulsou máis reformas estruturais en menor tempo"
EVO Banco empeza a tuitear. A marca, que adiantou en exclusiva Praza Pública, preséntase este mediodía en Madrid por parte dos seus tres máximos executivos.
De Cospedal incendia o luns asegurando, nunha entrevista en El País na que realiza unha pechada defensa da reforma laboral, que "en España hai que traballar máis"
A campaña das eleccións andaluzas vive unha polémica semellante á dos comicios galegos de 2009. O candidato do PP, Javier Arenas, négase a debater na televisión pública e non acudirá a Canal Sur esta noite. Na Cadena SER.
A filial portuguesa da fabricante de cámaras fotográficas Leica vai aumentar o cadro de traballadores. Ademais, a firma "atribuiu aos trabalhadores um prémio monetário para compensar o corte do subsídio de Natal e a sua produtividade", recolle o Jornal de Negócios. "A Alemanha precisa de Portugal. Já houve tentativa de deslocalizar alguns produtos ou componentes. Fazemos aqui alguns produtos que são únicos no mundo", confesa o presidente, Carlos Mira.
Hoxe o Diario Oficial de Galicia publica o anuncio do contrato para o mantemento dos xardíns de Sogama. Como adiantou Praza Pública, pode chegar a custar ata 9.000 euros ao mes.