Dous anos de cárcere para uns mossos d'esquadra que, fora de servizo, lles roubaron 20 euros a dous inmigrantes despois de identificalos.
Fálase
Joseba Segura, crego da Diócese de Bilbao especialista en pacificacións, di en El País que ETA "non decidirá a súa disolución até aclarar o futuro dos presos"
Os recortes deixan baleiros os centros de arte contemporánea. O orzamento da Consejería de Cultura de Murcia, por exemplo, pasou en tres anos de 140 a 42 millóns.
O Goberno central gastará máis de 250 mil euros no seguimento de medios. O servizo fará un seguimento das noticias sobre Presidencia do Goberno, os ministerios e os altos cargos da Administración que aparezan na prensa de distribución estatal e autonómica, radio, televisión, medios digitais e nas principais redes sociais
Amaiur presenta este martes ante o Tribunal Constitucional o recurso polo veto ao seu grupo parlamentario no Congreso. Cóntao La Información.
A Xustiza desestima a demanda de Teddy Bautista contra a SGAE. Reclamaba 1,4 millóns de euros polo seu cesamento. En La Información.
O Goberno da Generalitat podería elevar ao 5% o novo recorte nas nóminas dos funcionarios. Así o deixou caer o presidente do Executivo, Artur Mas, se ben non é aínda un dato oficial. En Ara hai máis detalles
Dez librarías galegas especializadas en banda deseñada (A Gata Tola, Alita, Alita Orzán, Banda Deseñada, Kómic, Paz, Metrópolis, Norma, Sousa e Tanxencias) forman Zona Cómic, con outras 26 do resto do Estado, para realizar accións conxuntas para potenciar a novena arte.
O Tribunal Supremo ergue o segredo de sumario da parte da Operación Campeón vencellada ao ex ministro José Blanco
A seca segue a agravar o risco de lumes nos montes. A Xunta prohíbe as queimas controladas.