O paro caeu en Galicia en case 30 mil persoas no terceiro trimestre, ata as 223 mil, unha taxa do 17,66%, segundo as cifras da EPA que se veñen de publicar. No conxunto de España, o desemprego baixou en 298 mil persoas, ficando a taxa no 21,18%. Toda a información, hoxe en Praza.
Fálase
As granxas lácteas galegas deixaron de ingresar 82 millóns de euros dende abril e non cobrarán o importe das axudas prometidas, denuncia o SLG, que sinala que o orzamento do Ministerio de Agricultura para as granxas que menos perciben polo leite é "absolutamente insuficiente", pois Galicia recibirá apenas 16 millóns.
Os celadores do Hospital de Vigo iniciarán o luns un novo peche se o conselleiro de Sanidade non os recibe antes. Manteñen a súa protesta contra a privatización de parte das súas funcións.
Francisco Correa confesa que cobraba comisións do 3% en nome de Bárcenas e do PP, segundo revela en exclusiva El Diario. O presunto cabecilla da trama Gürtel sitúa a Camps no centro da trama en Valencia e tamén achega información sobre o financiamento irregular do PP en Madrid. Con esta confesión, que tamén lle entregou á Xustiza, Correa buscou sen éxito rebaixar a súa condena.
A Garda Civil estreita o cerco ao redor de Convergència polo presunto financiamento ilegal do partido a través do cobro de comisións a cambio de obra pública. Ao longo do día de onte foron detidos o tesoureiro da formación, o seu antigo xerente e o responsable do ente público encargado de licitar as obras da Generalitat, entre outras persoas.
Eldiario.es publicará esta noite a confesión de Francisco Correa, presunto líder da trama Gürtel. Trátase do documento que Correa entregou á Fiscalía para negociar unha redución de condena a cambio de colaborar coa Xustiza.
A fotógrafa das Pontes Bandia Ribeira gaña o premio Luís Ksado de fotografía, que organiza a Deputación da Coruña.
Concellos afectados pola velutina denuncian o "veto" de Medio Rural na xuntanza que hoxe mantén para tratar o problema da praga. Os municipios unidos nunha plataforma denuncian que só representantes de AGA poderán estar na reunión.
GRÁFICO As 13 viaxes no tempo do Delorean en Regreso ao futuro. Podes fedellar neles en eldiario.es cadrando coa 'chegada' dos personaxes a 2015.
António Costa disponse a asegurar apoios no grupo do Partido Socialista ao pacto de esquerdas para o novo Goberno portugués. Crónica no xornal Público.