Eldiario.es publicará esta noite a confesión de Francisco Correa, presunto líder da trama Gürtel. Trátase do documento que Correa entregou á Fiscalía para negociar unha redución de condena a cambio de colaborar coa Xustiza.
Fálase
A fotógrafa das Pontes Bandia Ribeira gaña o premio Luís Ksado de fotografía, que organiza a Deputación da Coruña.
Concellos afectados pola velutina denuncian o "veto" de Medio Rural na xuntanza que hoxe mantén para tratar o problema da praga. Os municipios unidos nunha plataforma denuncian que só representantes de AGA poderán estar na reunión.
GRÁFICO As 13 viaxes no tempo do Delorean en Regreso ao futuro. Podes fedellar neles en eldiario.es cadrando coa 'chegada' dos personaxes a 2015.
António Costa disponse a asegurar apoios no grupo do Partido Socialista ao pacto de esquerdas para o novo Goberno portugués. Crónica no xornal Público.
Microsiervos homenaxea a Regreso ao futuro no día (este 21 de outubro de 2015) cara ao que os protagonistas do filme realizaban un dos seus saltos temporais. A páxina recompila todas as anotacións que nos últimos anos publicou ao redor da película.
Economía Digital analiza a estrutura de propiedade do novo hospital de Vigo. A construtora galega Puentes y Calzadas preside a concesionaria, pero o dominio real corresponde a Acciona e á empresa francesa Veolia
Un vídeo imaxina como sería Lourizán sen a presenza de ENCE e Elnosa. A recreación, realizada por Benito Montenegro, supera as cinco mil reproducións nunhas horas.
O PP rexeita que se xulgue ministros franquistas reclamados en Arxentina e insta a oposición a "deixar en paz os mortos". eldiario.es recolle o debate deste martes no Congreso.
O pleno do Concello da Coruña aproba o modificativo de crédito que tiña pendente cos votos favorables da Marea Atlántica e do PSdeG, a abstención do BNG e o voto en contra do PP.