16 colectivos cataláns presentan acampaña "Esquerres pel #Sí-Sí", entre eles CUP, ERC, Procés Constituent e dúas sectoriais de ICV, así como un cento de personalidades da política, a cultura ou o asociacionismo. Defenden un proceso no que se "poda decidir todo", centrado nas clases populares e non na identidade.
Fálase
Pedro Sánchez chama a 'Sálvame' para prometer unha lei contra o maltrato animal. O secretario xeral do PSOE contacta en directo co polémico programa do corazón pola polémica do Toro de la Vega.
Ourense en Común presentouse hoxe ante a prensa, antes da asemblea aberta que celebrará mañá ás 20 horas na praza Maior. Foto de @guimarey_iPOU.
Inditex gaña 928 millóns no primeiro trimestre, un 2,4% menos respecto ao mesmo período do ano anterior.
Esta fin de semana celébrase o Kernel 2014, a undécima edición o Ciberencontro Concello de Mugardos, unha xuntanza impulsada pola Comunidade O Zulo, e centrada no software e a cultura libre
Internet cómelle terreo ao consumo de televisión e radio nos fogares galegos, segundo destaca un traballo do Consello da Cultura Galega. En cinco anos as persoas que ven a tele descenderon do 97,6% até o 92,3% e en conxunto galegos e galegas consumiron 15 minutos menos de televisión cada día.
La Voz entrevista o neurocientífico e divulgador Xurxo Mariño, que vén de regresar da volta ao mundo que realizou durante os últimos once meses, e co que falamos en Praza no comezo da súa viaxe.
Ao redor de 500 persoas concentráronse en Ferrol en defensa do Ateneo, cuxa continuidade está ameazada polo xuízo que comeza este mércores pola mañá. Pídenlle ao Concello que cumpra co seu compromiso de pagar os gastos xerados polo almacenamento dos fondos da entidade durante as obras realizadas polo consistorio.
El Periódico analiza o distanciamento exhibido por CiU e ERC no debate de política xeral que estes días se celebrou no parlamento catalán. CiU, ERC, ICV e CUP aprobaron unha moción conxunta pedindo celebrar o referendo con "todas as garantías democráticas posibles"
Ruth Toledano, a colaboradora de ElDiario.es agredida por un dos participantes na festa do Toro de la Vega, relata nunha entrevista o sucedido e asegura que "a fin da barbarie está cerca"