Carlos Lixó gaña o Premio a artigos xornalísticos de lingua do Concello de Carballo co texto Alpabardas verdes. O artigo do investigador e profesor de Historia na USC, tamén poeta, será publicado o vindeiro día 27 en Praza.gal e nos demais medios colaboradores do certame.
Fálase
Bélxica rexeita a extradición a España dos ex-consellers cataláns Comín, Serret e Puig. O xuíz Llarena non emitira unha orde de detención en España cando pediu extraditalo, segundo obriga a normativa da UE.
A contorna de Ponte Caldelas rexistra unha trintena de tremores de terra dende a tarde deste martes. O máis forte acadou unha magnitude de 3,1 segundo recolle o IGN.
Roupa de cama dos hospitais públicos de Ourense acaba no Hospital de Salamanca. IU-Equo advertiuno no marco dunha denuncia nas Cortes de Castilla y León sobre as deficiencias do servizo da empresa concesionaria da lavandaría nese hospital castelán, Ilunion, do grupo ONCE. Cóntao eldiario.es
BDS-Galiza e Mar de Lumes convocan unha concentración en solidariedade co pobo palestino este mércores ás 19:30 en Vigo (diante do MARCO). As Marchas da Dignidade convocan concentracións de protesta contra os ataques israelís este venres ás 20 horas na Coruña, Compostela, Ourense e Vigo.
Falece Tom Wolfe, figura esencial do Novo Xornalismo. O escritor e periodista morreu esta tarde en Manhattan aos 87 anos logo de ser hospitalizado por unha grave infección.
Membros das corporacións do Concello e da Deputación de Pontevedra concéntranse para amosar "rexeitamento e indignación ante o masacre de Gaza" e reclaman que o Goberno de España condene as accións de Israel na zona.
Son xa 59 os palestinos mortos polo exército israelí na fronteira de Gaza, segundo o xornal Haaretz, nas protestas polo traslado da embaixada de EE.UU. a Xerusalén. Hai ademais 2.771 feridos
A peonalización da Cidade Vella da Coruña comezará o 25 de xuño. O plan inclúe a fin do aparcadoiro en superficie agás para persoas de mobilidade reducida e para vehículos da residencia de maiores da zona, e restrinxe a circulación a residentes e transporte público. O proxecto é presentado este luns á veciñanza do barrio.
FÚTBOL | O Celta B enfrontaranse ao Marbella e o Fabril ao Extremadura na primeira eliminatoria de ascenso á Segunda División. O Coruxo xogará contra o Mérida para evitar o descenso a Terceira. Polo ascenso a 2ªB, o Compostela enfrontarase ao Espanyol B.