Falece Tom Wolfe, figura esencial do Novo Xornalismo. O escritor e periodista morreu esta tarde en Manhattan aos 87 anos logo de ser hospitalizado por unha grave infección.

Falece Tom Wolfe, figura esencial do Novo Xornalismo. O escritor e periodista morreu esta tarde en Manhattan aos 87 anos logo de ser hospitalizado por unha grave infección.
Membros das corporacións do Concello e da Deputación de Pontevedra concéntranse para amosar "rexeitamento e indignación ante o masacre de Gaza" e reclaman que o Goberno de España condene as accións de Israel na zona.
Son xa 59 os palestinos mortos polo exército israelí na fronteira de Gaza, segundo o xornal Haaretz, nas protestas polo traslado da embaixada de EE.UU. a Xerusalén. Hai ademais 2.771 feridos
A peonalización da Cidade Vella da Coruña comezará o 25 de xuño. O plan inclúe a fin do aparcadoiro en superficie agás para persoas de mobilidade reducida e para vehículos da residencia de maiores da zona, e restrinxe a circulación a residentes e transporte público. O proxecto é presentado este luns á veciñanza do barrio.
FÚTBOL | O Celta B enfrontaranse ao Marbella e o Fabril ao Extremadura na primeira eliminatoria de ascenso á Segunda División. O Coruxo xogará contra o Mérida para evitar o descenso a Terceira. Polo ascenso a 2ªB, o Compostela enfrontarase ao Espanyol B.
O Exército israelí mata en Gaza arredor de 40 persoas que participaban nas protestas contra o traslado da embaixada dos EUA dende Tel Aviv ata Xerusalén. A nova delegación diplomática estadounidense é inaugurada este luns. (Imaxe divulgada pola UNRWA)
Quim Torra é elixido president da Generalitat de Catalunya con 66 votos a favor (JxCat e ERC), 65 en contra (C's, PSC, En Comú e PP) e catro abstencións (CUP). Ler máis
A conselleira de Medio Ambiente láiase de que "A Coruña só sae na televisión no apartado de sucesos". Beatriz Mato afirmouno na Radio Galega, onde foi entrevistada na súa condición de presidenta local do PP coruñés e futura candidata ás eleccións municipais.
Tódalas mulleres que coñezo de Xiana do Teixeiro, Elis de Hugo Prata, 30 lumes de Diana Toucedo e A fábrica de nada, a Pedro Pinho, filmes gañadores do Festival Primavera do Cine en Vigo, que se pechou este domingo.
Mar de Lumes celebra o seu quinto aniversario cun programa de actividades nas sete cidades galegas que inclúe a visita de Leila Khaled, líder histórica da resistencia de Palestina.