Pablo Casado anuncia que optará a liderar o PP. O seu anuncio prodúcese mentres o partido agarda pola decisión de Feijóo.
Fálase
Iñaki Urdangarín, cuñado do rei, entra no cárcere de Brieva (Ávila) para comezar a cumprir a súa condena polo caso Nóos.
Centos de persoas participan en Teo na andaina contra a planta de residuos prevista na Casalonga, un dos tres proxectos que arrodean Compostela e que son rexeitados maioritariamente pola veciñanza e a cidadanía. Foto de @BNGTeo.
O Compostela colle vantaxe na ida da final do play-off polo ascenso a 2ªB tras empatar 1-1 no campo do Salmantino. O equipo galego podería volver á categoría de bronce a vindeira fin de semana.
VÍDEO | O Aquarius entra no porto de Valencia. Logo de oito días de travesía tras sufrir o rexeitamento de Italia, o buque entra no peirao valenciano.
Os primeiros rescatados do Aquarius pisan Europa logo de oito días no mar. O Dattilo, primeiro buque da frota, atracou no peirao de Valencia ás 6.30 da mañá.
O Viaxes Amarelle ascende á elite do fútbol sala feminino logo do gañar (1-4) na cancha do Almagro na volta do play-off de ascenso.
Milleiros de persoas ateigan Pamplona reclamando a liberdade dos sete mozos de Altsasu. Foto de @Altsasugurasoak.
O cambio de Goberno impulsa o PSOE nas enquisas e fai caer a Ciudadanos. Un inquérito de El Periódico sitúa os socialistas como os máis votados nunhas hipotéticas eleccións xerais.