O Viaxes Amarelle ascende á elite do fútbol sala feminino logo do gañar (1-4) na cancha do Almagro na volta do play-off de ascenso.
Fálase
Milleiros de persoas ateigan Pamplona reclamando a liberdade dos sete mozos de Altsasu. Foto de @Altsasugurasoak.
O cambio de Goberno impulsa o PSOE nas enquisas e fai caer a Ciudadanos. Un inquérito de El Periódico sitúa os socialistas como os máis votados nunhas hipotéticas eleccións xerais.
Heredeiros da Crus estrea un himno contra a mina de Touro que din que cantarán "todo o verán" para amosar o seu rexeitamento ao proxecto mineiro previsto a 15 km de Compostela. O tema é unha versión do Hallelujah, de Leonard Cohen.
O Goberno pon en marcha a recuperación da sanidade universal. O Executivo de Pedro Sánchez dará marcha atrás ás medidas do PP que limitaban o acceso aos servizos sanitarios a persoas estranxeiras e migrantes. Está a contalo eldiario.es.
A Xunta convoca un concurso para rodar unha película ou serie sobre o Camiño de Santiago cunha subvención de ata 1,5 millóns de euros que cubrirá un máximo do 30% do custo total. A produtora gañadora deberá gastar en Galicia o 110% da axuda recibida, segundo anunciou este xoves Feijóo tras o Consello da Xunta.
O Congreso arxentino aproba a legalización do aborto nas 14 primeiras semanas de xestación por 129 votos a favor e 125 en contra. O debate pasará agora ao Senado.
O Congreso da Arxentina debate a nova lei do aborto no medio de enormes mobilizacións feministas. A 'Campaña Nacional por el Derecho al Aborto Legal, Seguro y Gratuito' está a seguir o debate e as manifestacións nesta conta de Twitter
José Guirao toma hoxe posesión como novo ministro de Cultura en substitución de Màxim Huerta. Guirao é xestor cultural e foi director do Museo Reina Sofía e do espazo cultural La Casa Encendida, ambos en Madrid, entre outras responsabilidades.