José Guirao toma hoxe posesión como novo ministro de Cultura en substitución de Màxim Huerta. Guirao é xestor cultural e foi director do Museo Reina Sofía e do espazo cultural La Casa Encendida, ambos en Madrid, entre outras responsabilidades.
Fálase
O ministro Màxim Huerta anuncia unha comparecencia urxente para as 19:00. Huerta confirmará a súa dimisión tras transcender o caso da fraude fiscal. Durante a mañá subliñou que as cantidades que Facenda lle reclamou xa foran abonadas e inicialmente desbotara o cesamento. Consulta aquí a última hora do cesamento.
O novo ministro de Cultura cometeu fraude fiscal nos exercicios de 2006 a 2008. Segundo El Confidencial, Màxim Huerta evitou neses anos o pagamento de impostos polo seu traballo como presentador a través dunha sociedade da súa propiedade, segundo constataron dúas sentenzas tras as que abonou as cantidades reclamadas. Moncloa desbota o cesamento de Huerta, segundo informa eldiario.es
As vítimas inician os días 4 e 11 de xullo as comparecencias na comisión de investigación sobre Angrois no Congreso. Na segunda xornada están citados tamén o maquinista e o interventor do Alvia. Os grupos acordaron este martes as datas das tres primeiras sesións, que continuarán o 17 de xullo, todas elas con catro comparecencias, dúas pola mañá e dúas pola tarde. Malia que a plataforma de vítimas quería ser a última en intervir para poder matizar con documentos o que digan outros e non ven útil a comparecencia do maquinista e o interventor, PP e PSOE impuxeron que sexan os ex-ministros Blanco e Pastor os que pechen as comparecencias, previsiblemente no outono.
Sés, Rebeliom do Inframundo, Sonia Lebedynski ou A Banda da Balbina, no cartel do Festigal 2018, cuxa programación vén de ser presentada este martes e da que xa avanzaran o convite a Valtonic.
O Supremo deixa a condena de Iñaki Urdangarín en 5 anos e 10 meses de cárcere no caso Nóos. A Audiencia de Balears terá que decidir agora sobre o ingreso en prisión do cuñado do rei.
A policía rexistra a Conselleria de Economia e a sede de Mediapro polo 1-O en Catalunya.
Parte das 629 persoas que viaxan no Aquarius serán transferidas a barcos italianos para o desprazamento ata Valencia. A bordo do buque que rescatou estas persoas migrantes viaxa tamén o fotógrafo galego Óscar Corral, que está a informar para o diario El País. (Imaxe: SOS Méditerranée)
Este martes comezan as probas de acceso á universidade en Galicia con preto de 11.500 persoas inscritas. Consulta aquí o calendario de todo o proceso e o requisito das orellas “despexadas” que piden as universidade para evitar fraudes. [Imaxe: USC]
A Axencia Espacial Escolar Galega anuncia que "xa está legalizada" e segue adiante cos seus proxectos científicos. O pasado maio a NOSA, impulsada por institutos públicos galegos, recuperou a terceira sonda que lanzara á estratosfera.