A Mesa do Parlamento ratifica que lles descontará aos deputados e deputadas o equivalente a unha paga extra no seu salario. Ademais, reduce nun 20% o complemento dos membros da propia Mesa, situado agora en 1.831 euros que se engaden ao resto do salario.
Fálase
Os desafiuzamentos aumentaron un 134% en 2012, segundo o CGPJ, que advirte que a situación crea "un conflito social".
A OCDE advirte de que a austeridade pon en perigo os logros en igualdade. España foi o país que máis reduciu a desigualdade de xénero no mercado laboral entre 1985 e 2010. Cóntao El Diario.
Rajoy di en Twitter que o seu Goberno é consciente de que este é un ano "difícil" no que os "sacrificios" non teñen "froitos palpables para o cidadán"
Sindicatos de Novagalicia prevén "conflito" se non se retirán os 2.500 despidos na entidade, logo dunha xuntanza do comité de empresa co BNG.
O ourensán Fernando Epelde gaña o Premio SGAE de Teatro 2012 pola súa obra Estado de gracia
Na votación para elixir o presidente do Parlamento catalán rexistráronse tres votos nulos. Corresponden aos deputados da CUP, que votaron polo desafiuzado de Burjassot que se intentou suicidar.
O fiscal xeral do Estado recoñece que non é posible abrir unha causa penal global contra as caixas polas preferentes. Torres-Dulce descarta unha impugnación global por delito de estafa, pero recoñece que son "un produto financeiro opaco, que se gobernou mal e que estaba previsto para un tempo sen crise".
Neonazis gregos agreden un deputado de Syriza. Membros de Amencer Dourado golpeárono no descanso dun partido de fútbol.
Os funcionarios perderán a metade do soldo os días que non vaian traballar. Facenda penalizará os empregados públicos que falten ao traballo por unha incapacidade temporal que non supere os tres días de baixa, segundo adianta La Información.