A proposta de cotas pesqueiras para 2017 presentada pola UE prevé unha redución das capturas de pescada (-20%) e xurel (-45%), e fortes descensos igualmente en meiga e peixe-sapo, especies de principal interese para a frota galega. A Xunta ve "lamentable" a proposta e "confía en mellorala"
Fálase
El Diario debulla as tres principais propostas para o referendo que definirá a Asemblea de Podemos. Manolo Monereo critica que se estea "facendo un debate de procedementos cando necesitamos un debate de ideas"
Soraya Sáenz de Santamaría acepta ter unha relación de "bilateralidade" con Cataluña nalgunhas cuestións, unha demanda expresada en varias ocasións pola Generalitat. Aznar acusa a Rajoy de "asumir o relato que fan os seus adversarios"
Fomento di agora que si fará a variante de Ourense para o AVE e que buscará unha solución provisional para que o tren de alta velocidade chegue antes. O Ministerio emite un comunicado tras asegurar que non cría que "pagase a pena" o treito do AVE en Ourense que a Xunta vía esencial e di que o tren chegará á capital ourensá e Vigo polas variantes de Taboadela e Cercedo "como estaba previsto".
Este outono choveu un 33% menos do habitual en Galicia, segundo o informe estacional que este martes publicou Meteogalicia. Resultou especialmente seco o mes de outubro (cun 64% menos de precipitacións) e no sur da Coruña e nas zonas motañosas do leste, onde no trimestre caeu un 60% menos chuvia do normal. O outono foi algo máis cálido que o ano anterior, engadíndose a unha xeira de ascenso case ininterrompido das temperaturas na última década.
António Guterres comezará a exercer como secretario xeral da ONU o vindeiro 1 de xaneiro. O ex-primeiro ministro portugués prometeu o cargo cun chamado á paz, ao "desenvolvemento sostible" e ás reformas na estrutura da organización. Guterres mantivo unha fluída relación con Galicia durante a súa etapa á fronte do Goberno de Portugal.
En marcha os preparativos para o Galicia-Catalunya de fútbol feminino do vindeiro día 22. A Federación Galega de Fútbol vén de presentar o cartel do partido, que se xogará no campo da Lomba, en Vilagarcía, con entradas a 5 euros.
Albino Prada publica na web de ATTAC Unha proposta sobre o déficit na caixa das pensións. O economista aposta por facer que as empresas acheguen máis ao financiamento da protección social, pero que o fagan de forma proporcional ao conxunto do seu valor engadido en non en función do seu persoal, beneficiando así as compañías que son intensivas en emprego
O presidente do Celta, Carlos Mouriño, apunta ante a Xunta de Accionistas a opción de construír outro estadio en Vigo por 50 millóns de euros, ante a posibilidade de que o Concello non lle venda Balaídos.
España é o segundo país da UE con máis policías por habitante a pesar de ter unha baixa taxa de criminalidade. Duplica, por exemplo, o número de axentes por habitante de Alemaña ou Reino Unido