Retirada da igrexa parroquial de Lalín a placa na honra do fundador da Falange, José Antonio Primo de Rivera, e a combatentes franquistas. A retirada foi realizada pola brigada de obras do Concello a "proposta" do párroco, Marcos Torres. "Supuña un insulto para as vítimas do franquismo", di o edil Francisco Vilariño, que "agradece profundamente"o xesto ao crego.
