Todos os eurodeputados españois do PP votan contra a condena a Hungría por violar dereitos fundamentais. A resolución saíu adiante cos votos dos grupos da esquerda e mais dos liberais e abre a porta a sancións contra o Goberno que dirixe Viktor Orban. O Executivo húngaro aprobou nos últimos anos diversas normas contra as persoas refuxiadas e ONG, entre outras. Dos membros da Cámara de orixe galega que participaron na votación Lidia Senra, José Blanco e Javier Couso votaron a prol das sancións e Francisco Millán Mon (PP), en contra. Tamén apoiou a proposta Josu Juaristi, que comparte escano co BNG.
