Arquivada a investigación aos edís de Vigo Ángel Rivas e Javier Pardo polo pagamento dun plus a un funcionario do Concello. Está a contalo Faro de Vigo
Fálase
A Garda Civil vincula a Cristina Cifuentes co financiamento irregular do PP de Madrid. Destaca que participou en adxudicacións a Arturo Fernández mentres este financiaba Fundescam, da que ela era patroa.
A Garda Civil conclúe que o PP de Madrid "sustentou" campañas electorais en "numerosas irregularidades" en 2007 e 2011. O partido "atentou contra principios" como "o necesario equilibrio da concorrencia electoral" a través de "fraude de subvencións, malversación" ou "falsidade", segundo un informe que debulla eldiario.es
VÍDEO | Así foi o recital dun milleiro de nenas e nenos "cheos de vida" xunto a Guadi Galego nos estaleiros de Navantia en Ferrol. O enorme coro, acompañado á guitarra por Guillerme Fernández e dirixido por Ramón Bermejo, formouse con escolares de centros coruñeses e ferroláns no marco das actividades previas ao Día das Letras promovidas polo Centro de Formación e Recursos de Ferrol.
Imputado Villar Mir e outras 51 persoas pola operación Lezo. A Audiencia Nacional decide investigar o empresario, en pleno proceso de solicitude da súa empresa para segregar as actividades de Ferroatlántica en Galicia e vender as centrais hidroeléctricas da Costa da Morte.
A Asociación de Medios en Galego detalla nun manifesto as demandas da entidade ao fío do Día das Letras, especialmente no que atinxe á publicidade institucional e á "diferenza" a respecto das cabeceiras publicadas maioritaria ou integramente en castelán. O texto íntegro pódese ler en Que pasa na costa
Pedro Sánchez mantén na Coruña que se o domingo gaña as primarias do PSOE pedirá a dimisión de Rajoy. Asegurouno ante centos de militantes nos xardíns de Méndez Núñez tras o debate con Díaz e Sánchez. Caballero e Zapatero celebran hoxe en Vigo un acto de apoio á presidenta andaluza.
Este martes é o día sinalado para o inicio do xuízo da Operación Retablo contra un funcionario da Xunta en varios empresarios por presunta corrupción na restauración de obras de arte sacra. O Goberno galego non acusa o funcionario nin os cargos eclesiásticos presuntamente implicados, aos que a Audiencia librou tamén dos cargos.
O PP segue a caer nas enquisas, pero continúa por riba do seu resultado nas últimas xerais, segundo o inquérito que publica eldiario.es
O Pontevedra enfrontarase ao Murcia na primeira eliminatoria de ascenso a 2ª División e o Celta B xogará ante o Valencia Mestalla. Nos play-offs a 2ªB, o Fabril xogará ante o Cacereño, o Rápido de Bouzas co Cayón, o Cerceda co Jerez de los Caballeros e o Bergantiños co Badajoz.