O PP segue a caer nas enquisas, pero continúa por riba do seu resultado nas últimas xerais, segundo o inquérito que publica eldiario.es
Fálase
O Pontevedra enfrontarase ao Murcia na primeira eliminatoria de ascenso a 2ª División e o Celta B xogará ante o Valencia Mestalla. Nos play-offs a 2ªB, o Fabril xogará ante o Cacereño, o Rápido de Bouzas co Cayón, o Cerceda co Jerez de los Caballeros e o Bergantiños co Badajoz.
O novo presidente de Francia nomea o conservador Edouard Philippe como primeiro ministro. Ata agora era alcalde de Le Havre polo partido d'Os Republicanos.
Puntogal pon en marcha este 17 de maio Velaquí, un servizo de intercambio de arquivos para compartir ficheiros de ata 2Gb de maneira gratuíta. Ademais, celebra o mes das Letras Galegas con dominios rebaixados a tan só 17 euros máis ive.
En marcha o debate entre os candidatos e candidata á secretaría xeral do PSOE. A retransmisión ao vivo, en eldiario.es
Arquivada a investigación xudicial ao edil de Espazos Cidadáns de Santiago, Jorge Duarte, pola tramitación de sancións a locais nocturnos. Así o veñen de anunciar o concelleiro e mais o alcalde da cidade, Martiño Noriega, quen subliñan que a xuíza confirma como "razoables" as dúbidas do edil sobre os expedientes e ratifica que non existiu ningún "trato de favor" nun eido no que goberno local e sector xa chegaron a un acordo.
Galicia asume hoxe a presidencia da Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal. O presidente da Xunta, que clausurará o encontro, instou o pasado xoves a agardar a este luns para coñecer os detalles concretos dos asuntos a tratar na xuntanza.
O PSOE celebra hoxe ás 12 o único debate previo ás súas eleccións primarias entre Susana Díaz, Pedro Sánchez e Patxi López. Vaise poder seguir en directo a través de eldiario.es
O Breogán forza o quinto partido na súa eliminatoria dos playoff de ascenso á ACB ante o Palma. O Basquet Coruña caeu na casa ante o Palencia e tamén terá que xogar este quinto encontro. O COB Ourense caeu eliminado ante o Oviedo. Os partidos definitivos serán este martes.
As enquisas a pé de urna apuntan a unha vitoria da CDU en Renania do Norte-Westfalia, un dos principais feudos históricos do SPD, o que pode prexudicar as opcións de Schulz no camiño ás eleccións de setembro