Puntogal pon en marcha este 17 de maio Velaquí, un servizo de intercambio de arquivos para compartir ficheiros de ata 2Gb de maneira gratuíta. Ademais, celebra o mes das Letras Galegas con dominios rebaixados a tan só 17 euros máis ive.
Fálase
En marcha o debate entre os candidatos e candidata á secretaría xeral do PSOE. A retransmisión ao vivo, en eldiario.es
Arquivada a investigación xudicial ao edil de Espazos Cidadáns de Santiago, Jorge Duarte, pola tramitación de sancións a locais nocturnos. Así o veñen de anunciar o concelleiro e mais o alcalde da cidade, Martiño Noriega, quen subliñan que a xuíza confirma como "razoables" as dúbidas do edil sobre os expedientes e ratifica que non existiu ningún "trato de favor" nun eido no que goberno local e sector xa chegaron a un acordo.
Galicia asume hoxe a presidencia da Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal. O presidente da Xunta, que clausurará o encontro, instou o pasado xoves a agardar a este luns para coñecer os detalles concretos dos asuntos a tratar na xuntanza.
O PSOE celebra hoxe ás 12 o único debate previo ás súas eleccións primarias entre Susana Díaz, Pedro Sánchez e Patxi López. Vaise poder seguir en directo a través de eldiario.es
O Breogán forza o quinto partido na súa eliminatoria dos playoff de ascenso á ACB ante o Palma. O Basquet Coruña caeu na casa ante o Palencia e tamén terá que xogar este quinto encontro. O COB Ourense caeu eliminado ante o Oviedo. Os partidos definitivos serán este martes.
As enquisas a pé de urna apuntan a unha vitoria da CDU en Renania do Norte-Westfalia, un dos principais feudos históricos do SPD, o que pode prexudicar as opcións de Schulz no camiño ás eleccións de setembro
Uxía Senlle, Ramón Villares; os humoristas Xosé Touriñán e Marcos Pereiro; a escritora Concha Blanco e a Fundación Barrié recibiron este domingo os Premios Bos e Xenerosos 2017, organizados pola Fundación Eduardo Pondal coa colaboración da Consellería de Cultura
Europol advirte de que o ciberataque iniciado o venres continuará este luns. Hai xa 200.000 afectados en 150 países polo software malicioso
Centos de persoas participaron na Coruña na manifestación convocada pola Plataforma para a Defensa da Ría do Burgo en defensa do dragado e da limpeza integral da ría, co obxectivo de que volva ser unha fonte de emprego e riqueza