Contratos amañados e cartos de subvencións, tras as maiorías absolutas do PP de Madrid. Un informe da Garda Civil sostén que a maquinaria electoral de Aguirre financiouse malversando axudas públicas e con diñeiro de adxudicacións amañadas.
Fálase
VÍDEO | A plataforma Queremos Galego anima con este vídeo a participar na súa mobilización deste 17 de maio, a partir das 12 da mañá dende a Alameda de Santiago
O alcalde de Valença reivindica os trens Alfa Pendular -equivalentes a un Talgo para servizos de media e longa distancia como o actual de Lisboa ao Porto- na "ligação de Valença a Vigo e ao Porto, na Linha do Minho, após a eletrificação da linha", traballos que o Goberno portugués xa ten en marcha. Jorge Salgueiro reiterou esta demanda no marco da Comunidade de Traballo Galiza-Norte de Portugal, que dende esta semana preside Feijóo.
Arquivada a investigación aos edís de Vigo Ángel Rivas e Javier Pardo polo pagamento dun plus a un funcionario do Concello. Está a contalo Faro de Vigo
A Garda Civil vincula a Cristina Cifuentes co financiamento irregular do PP de Madrid. Destaca que participou en adxudicacións a Arturo Fernández mentres este financiaba Fundescam, da que ela era patroa.
A Garda Civil conclúe que o PP de Madrid "sustentou" campañas electorais en "numerosas irregularidades" en 2007 e 2011. O partido "atentou contra principios" como "o necesario equilibrio da concorrencia electoral" a través de "fraude de subvencións, malversación" ou "falsidade", segundo un informe que debulla eldiario.es
VÍDEO | Así foi o recital dun milleiro de nenas e nenos "cheos de vida" xunto a Guadi Galego nos estaleiros de Navantia en Ferrol. O enorme coro, acompañado á guitarra por Guillerme Fernández e dirixido por Ramón Bermejo, formouse con escolares de centros coruñeses e ferroláns no marco das actividades previas ao Día das Letras promovidas polo Centro de Formación e Recursos de Ferrol.
Imputado Villar Mir e outras 51 persoas pola operación Lezo. A Audiencia Nacional decide investigar o empresario, en pleno proceso de solicitude da súa empresa para segregar as actividades de Ferroatlántica en Galicia e vender as centrais hidroeléctricas da Costa da Morte.
A Asociación de Medios en Galego detalla nun manifesto as demandas da entidade ao fío do Día das Letras, especialmente no que atinxe á publicidade institucional e á "diferenza" a respecto das cabeceiras publicadas maioritaria ou integramente en castelán. O texto íntegro pódese ler en Que pasa na costa
Pedro Sánchez mantén na Coruña que se o domingo gaña as primarias do PSOE pedirá a dimisión de Rajoy. Asegurouno ante centos de militantes nos xardíns de Méndez Núñez tras o debate con Díaz e Sánchez. Caballero e Zapatero celebran hoxe en Vigo un acto de apoio á presidenta andaluza.