VÍDEO | O BNG lanza unha serie de vídeos como parte da campaña para presentar o seu novo logotipo. É un dos acordos ligados aos textos aprobados na recente asemblea nacional da formación.
Fálase
O Congreso rexeita que o Tribunal Constitucional estude a legalidade do CETA, o acordo de liberalización comercial entre a UE e Canadá. A proposta recibiu 81 votos a favor (Unidos Podemos e as confluencias, ERC e Bildu) e 260 en contra (PP, PSOE, Cs, PDeCAT, PNV e CC). O tratado recibirá así o visto bo da cámara.
BNG, familia e amigos homenaxearon este mércores en Lalín a José Luis Sucasas, finado hai mes e medio. "Un artesán da palabra, intelixente, que puña o humor como escudo, humilde, retranqueiro e boa persoa, xeneroso", destacou Francisco Vilariño, voceiro do Bloque na vila. Na súa honra plantouse unha árbore e colocouse unha placa de madeira coa frase "Falaba coa dozura incontestable dos homes calados".
O presidente do Brasil, gravado a tentar comprar o silencio do deputado corrupto que impulsou a destitución de Dilma Rousseff. É unha exclusiva do xornal O Globo
Todos os eurodeputados españois do PP votan contra a condena a Hungría por violar dereitos fundamentais. A resolución saíu adiante cos votos dos grupos da esquerda e mais dos liberais e abre a porta a sancións contra o Goberno que dirixe Viktor Orban. O Executivo húngaro aprobou nos últimos anos diversas normas contra as persoas refuxiadas e ONG, entre outras. Dos membros da Cámara de orixe galega que participaron na votación Lidia Senra, José Blanco e Javier Couso votaron a prol das sancións e Francisco Millán Mon (PP), en contra. Tamén apoiou a proposta Josu Juaristi, que comparte escano co BNG.
O xuíz da Púnica investiga se unha fundación de defensa da unidade de España serviu para financiar o PP ilegalmente. Está a contalo a Cadena SER
O Celta homenaxea as Letras Galegas cun tributo aos autores do país e unha bandeira na camisola, hoxe ante o Real Madrid no partido aprazado que se disputa en Balaídos a partir das 21 horas.
Rajoy expresa a súa "plena confianza" en Catalá, Maza e Moix malia os escándalos que arrodean o ministro e os fiscais, que foron reprobados pola maioría do Congreso.
Contratos amañados e cartos de subvencións, tras as maiorías absolutas do PP de Madrid. Un informe da Garda Civil sostén que a maquinaria electoral de Aguirre financiouse malversando axudas públicas e con diñeiro de adxudicacións amañadas.
VÍDEO | A plataforma Queremos Galego anima con este vídeo a participar na súa mobilización deste 17 de maio, a partir das 12 da mañá dende a Alameda de Santiago