Esquerda Unida finaliza as súas primarias abertas. Jorge Suárez por Ferrol, Silvia Cameán pola Coruña e María Rozas por Compostela serán as propostas de candidatos de EU para as municipais de 2015 e únense ás candidaturas de Rubén Pérez por Vigo, Carlos Portomeñe por Lugo, Vanesa Angustia por Pontevedra e Carlos Miguélez por Ourense.
