O Finantial Times fala da experiencia dos "patacóns" na Arxentina.
E explora a posibilidade de que Grecia emita diñeiro non oficial.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/4f32a0da49235-screen-shot-2012-02-08-at-13.31.40.png)
O Finantial Times fala da experiencia dos "patacóns" na Arxentina.
E explora a posibilidade de que Grecia emita diñeiro non oficial.
Nace unha corrente no Partido Liberal Demócrata británico crítica co pacto cos conservadores. Liberal Left denuncia a "deriva dereitista" do goberno de Cameron.
O voceiro do PP na comisión de Orzamentos no Congreso comparte a súa opinión sobre o deputado de UPyD e actor Toni Cantó, que onte subiu unha fotografía ao seu Twitter co hemiciclo medio baleiro
A vicepresidenta do Goberno central resume o labor das primeiras semanas do gabinete de Mariano Rajoy
Confírmase que haberá Cultura Quente este verán! O Concello de Caldas confirma que o festival se celebrará, aínda que reduce a súa achega económica de 132 mil a 60 mil euros. Porén, outros eventos, coma o Festival do Norte de Vilagarcía, seguen no aire.
A deputada do PSdeG María José Caride amósase favorable a que xurda unha candidatura alternativa no Congreso do PSdeG. "Creo que o debate enriquece", di. Engade que esa candidatura debe vir acompañada de "propostas e que non prexudica a "unidade" do partido.
Paco Vázquez volve á escena para achacarlle "anticlericalismo casposo" a Alfredo Pérez Rubalcaba. En El País.
Suso Seixo cre que a convocatoria de folga xeral, para finais do mes de marzo, é un acto de "responsabilidade". Esta tarde podedes ler unha entrevista co secretario xeral da CIG en Praza
BNG, PSdeG e as centrais sindicais arremeten contra a xestión industrial da Xunta tras coñecer os malos datos de produción coñecidos este mércores. A oposición fala dunha "lexislatura de retroceso total" e se pregunta "onde está o Igape"?
Tras a súa renuncia á portavocía parlamentaria do BNG, Carlos Aymerich tramitou esta mañá o seu reingreso como profesor de Dereito Administrativo na Universidade da Coruña