A vicepresidenta do Goberno central resume o labor das primeiras semanas do gabinete de Mariano Rajoy
Fálase
Confírmase que haberá Cultura Quente este verán! O Concello de Caldas confirma que o festival se celebrará, aínda que reduce a súa achega económica de 132 mil a 60 mil euros. Porén, outros eventos, coma o Festival do Norte de Vilagarcía, seguen no aire.
A deputada do PSdeG María José Caride amósase favorable a que xurda unha candidatura alternativa no Congreso do PSdeG. "Creo que o debate enriquece", di. Engade que esa candidatura debe vir acompañada de "propostas e que non prexudica a "unidade" do partido.
Paco Vázquez volve á escena para achacarlle "anticlericalismo casposo" a Alfredo Pérez Rubalcaba. En El País.
Suso Seixo cre que a convocatoria de folga xeral, para finais do mes de marzo, é un acto de "responsabilidade". Esta tarde podedes ler unha entrevista co secretario xeral da CIG en Praza
BNG, PSdeG e as centrais sindicais arremeten contra a xestión industrial da Xunta tras coñecer os malos datos de produción coñecidos este mércores. A oposición fala dunha "lexislatura de retroceso total" e se pregunta "onde está o Igape"?
Tras a súa renuncia á portavocía parlamentaria do BNG, Carlos Aymerich tramitou esta mañá o seu reingreso como profesor de Dereito Administrativo na Universidade da Coruña
Mañá A Mesa pola Normalización Lingüística presenta na Coruña os apoios ao manifesto Queremos xustiza para a nosa lingua. Non á criminalización da súa defensa! O documento apoia ao presidente da entidade, Carlos Callón, que será xulgado o venres por criticar que o xuíz decano da Coruña incumprise a Lei de Normalización Lingüística
O PSdeG pide amparo á presidenta do Parlamento polo veto do PP á investigación sobre Novagalicia Banco
O socialista Francisco Cerviño acusa no Parlamento á Xunta de tentar "utilizar" a figura de Díaz Pardo ao tempo que procura "baleirala de contido" político; cre que Feijóo se amosa como un "inútil reaccionario" neste asunto.