Jorge Suárez advirte de que o Concello de Ferrol "non permitirá" que os restos de Franco sexan trasladados ao panteón que a familia ten na cidade e que foi "obtido a través de privilexios". O alcalde asegurouno en RNE logo de que se acreditase que o nicho familiar foi unha "concesión irregular".
