Rajoy despídese do liderado do PP co seu derradeiro discurso como presidente do partido: "Dei todo o que puiden", di ante o plenario do congreso da formación. Está a contalo eldiario.es
Fálase
Feijóo, que leva toda a campaña evitando situarse no bando perdedor, confirma finalmente que non vai dicir se apoia a Casado ou Santamaría ante a indefinición de cal dos dous pode facerse coa presidencia do PP. Este xoves o presidente galego deixouse querer e abriu a porta a aceptar que o gañador lle outorgue unha maior proxección estatal no partido.
José Antonio Santiso, alcalde de Abegondo, absolto do delito de prevaricación urbanística pola construción de decenas de vivendas en solo rústico, segundo adiantou o propio rexedor. O xuíz si condenou o ex-alcalde Juan José Rocha e outros técnicos do Concello.
O BNG maniféstase ante a sede da RAE en Marid esixindo "respecto para Galiza" e para a súa toponimia. O Bloque recrimina a defensa por parte da Real Academia Española de varios topónimos galegos deturpados.
“Non existen especies demonizadas”, di a conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, para defender que o eucalipto pase das 307.000 hectáreas actuais ás 332.000 previstas no novo Plan Forestal. Vázquez interveu na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta para divulgar un informe propagandístico sobre o estado de tramitación actual do novo documento.
Feijóo tras a reunión con Pedro Sánchez: “Os galegos somos xente leal, non utilizamos cuestións partidistas cando estamos nas institucións”. O presidente da Xunta agarda que as boas palabras se convertan en feitos e di que as prioridades galegas non mudaron.
Colectivos feministas convocan mobilizacións para o serán deste venres en repulsa polo asasinato dunha muller na Coruña a mans do seu marido. A Delegación do Goberno central para a Violencia de Xénero confirmou que se trata dun "asasinato de xénero", segundo resaltou nun comunicado (preme na imaxe para a ampliares).
Así é o distintivo que terán que portar en Galicia os vehículos alugados en servizos como Uber ou Cabify. A Xunta vén de empezar a tramitar a orde que regulará estes elementos identificativos para coches de alugueiro con condutor, cuxo texto poder ser consultado aquí.
O Consello da Cultura Galega dixitaliza o fondo histórico do desaparecido semanario A Nosa Terra. O acordo asinado este xoves abrangue todos os números da publicación, da que xa se poden consultar os primeiros 26 na web do CCG.
O xuíz Llarena rexeita que lle entreguen a Puigdemont para xulgalo só por malversación e reprocha á xustiza alemá a súa "falla de compromiso". Recólleo eldiario.es. Retira, ademais, a euroorde contra o resto de dirixentes independentistas que permanecen no estranxeiro.