O xuíz Llarena rexeita que lle entreguen a Puigdemont para xulgalo só por malversación e reprocha á xustiza alemá a súa "falla de compromiso". Recólleo eldiario.es. Retira, ademais, a euroorde contra o resto de dirixentes independentistas que permanecen no estranxeiro.
Fálase
Marea de Noia celebra hoxe un acto pola retirada da medalla de ouro que o Concello outorgou ao ditador Franco. O partido rexistrou xa unha moción para a supresión destas honras ao xeneral fascista.
Un home acoitela a súa esposa na Coruña. A muller padecía unha doenza en fase terminal, segundo informa La Opinión
O Consejo Jacobeo, órgano de coordinación das comunidades autónomas polas que pasa o Camiño, aprobou este mércores o logotipo oficial do Xacobeo 2021 a proposta da Xunta, que xa o rexistrara hai unhas semanas.
As irmás Maruxa e Coralia Fandiño Ricart, As Marías, volveron ser homenaxeadas este 18 de xullo na Alameda compostelá, onde vén de ser instalado un novo monolito para lembrar que elas e a súa familia foron vítimas da ditadura franquista. A mullerenaxe foi impulsada dende a libraría de mulleres Lila de Lilith e contou con intervencións como a da historiadora Encarna Otero. Neste espazo podes coñecer máis sobre a súa historia. (Imaxe: Lila de Lilith)
Institucións e persoeiros de todo o mundo conmemoran hoxe o centenario de Nelson Mandela con homenaxe ao seu labor político e social en Sudáfrica dende a loita contra o apartheid ata a presidencia do país.
A actriz Nerea Barros le na noite deste mércores o pregón que dá inicio en Santiago ás Festas do Apóstolo, marcadas pola presenza feminina.
Matria, a curta documental de Álvaro Gago, estréase este venres 20 de xullo na sala Numax. A película foi premiada en numerosos festivais.
A carta aberta Pola fin da prisión preventiva dos independentistas cataláns reclama a liberdade dos líderes soberanistas cando menos ata que poidan ter "un xuízo xusto". Entre as persoas que asinan figuran galegos como Xosé Manuel Pereiro, Manuel Rivas ou Suso de Toro.
Audasa recorre ante o Tribunal Supremo o decreto co que hai un ano o Goberno central reduciu a compensación que lle vén pagando pola gratuidade de Rande e A Barcala. Fomento argumentou que a concesionaria da AP-9 obtivo durante estes anos un “enriquecemento inxusto” con esas compensacións.