O Consejo Jacobeo, órgano de coordinación das comunidades autónomas polas que pasa o Camiño, aprobou este mércores o logotipo oficial do Xacobeo 2021 a proposta da Xunta, que xa o rexistrara hai unhas semanas.
Fálase
As irmás Maruxa e Coralia Fandiño Ricart, As Marías, volveron ser homenaxeadas este 18 de xullo na Alameda compostelá, onde vén de ser instalado un novo monolito para lembrar que elas e a súa familia foron vítimas da ditadura franquista. A mullerenaxe foi impulsada dende a libraría de mulleres Lila de Lilith e contou con intervencións como a da historiadora Encarna Otero. Neste espazo podes coñecer máis sobre a súa historia. (Imaxe: Lila de Lilith)
Institucións e persoeiros de todo o mundo conmemoran hoxe o centenario de Nelson Mandela con homenaxe ao seu labor político e social en Sudáfrica dende a loita contra o apartheid ata a presidencia do país.
A actriz Nerea Barros le na noite deste mércores o pregón que dá inicio en Santiago ás Festas do Apóstolo, marcadas pola presenza feminina.
Matria, a curta documental de Álvaro Gago, estréase este venres 20 de xullo na sala Numax. A película foi premiada en numerosos festivais.
A carta aberta Pola fin da prisión preventiva dos independentistas cataláns reclama a liberdade dos líderes soberanistas cando menos ata que poidan ter "un xuízo xusto". Entre as persoas que asinan figuran galegos como Xosé Manuel Pereiro, Manuel Rivas ou Suso de Toro.
Audasa recorre ante o Tribunal Supremo o decreto co que hai un ano o Goberno central reduciu a compensación que lle vén pagando pola gratuidade de Rande e A Barcala. Fomento argumentou que a concesionaria da AP-9 obtivo durante estes anos un “enriquecemento inxusto” con esas compensacións.
A Audiencia de Navarra rexeita que os membros de 'La Manada' volvan ser encarcerados xa. Vén de rexeitar os recursos contra a súa posta en liberdade provisional mentres agardan sentenza firme sobre a súa condena.
En Marea presenta os seus actos do Día da Patria, que celebrará baixo o lema A Galicia de todas cun programa que inclúe intervencións políticas, música e "un mitin cómico sobre a confluencia co que trataremos de rirnos de nós mesmos, que fai moita falta", din.
O BNG desprega unha faixa na Alameda de Santiago co lema Viva Galiza Ceibe e Socialista no mesmo lugar en que foi pendurada, hai 50 anos, a empregada polas organizacións soberanistas que recuperaron a celebración do Día da Patria. Esa conmemoración centra este ano os actos do Bloque cara ao 25 de xullo. Recólleo Nós TV