O tribunal alemán de Schleswig-Holstein decide extraditar a Puigdemont por malversación, pero non por rebelión, como sostiña a Fiscalía española. Está a contalo eldiario.es
Fálase
Falece o ex-presidente Gerardo Fernández Albor aos 100 anos de idade. Máis información, hoxe en Praza.gal
Pablo Casado tenta captar o voto dos compromisarios do PPdeG e proclama: "Gustaríame falar galego, lo hago en la intimidad". Recólleo esta crónica de Sonia Vizoso para El País (Imaxe difundida pola candidatura de Casado). No mesmo día, Casado cargou contra movementos contra o 15M e chamou a "combater" a "ideoloxía de xénero".
Imputados dous policías por aporrear na cara e dar patadas a votantes na consulta do 1 de outubro en Catalunya. Adiántao eldiario.es
O Tribunal Supremo condena o Estado español por non tramitar as 19.000 solicitudes de asilo asignadas pola UE en 2015.
Naufraga en augas próximas a Arxentina o pesqueiro galego Dorneda. A Armada Arxentina informa de que hai un falecido, un desaparecido e 25 tripulantes rescatados con vida.
WhatsApp insta a "pensar dúas veces" antes de reenviar mensaxes en cadea para evitar o espallamento de bulos. Lanza a advertencia cadrando coa implantación do sinal que advertirá se unha mensaxe desta aplicación foi reenviada e non escrita orixinalmente pola persoa remitente, tal e como recolle Código Cero
O xuíz Llarena suspende os deputados JxCat e ERC aos que atribúe rebelión, entre eles Puigdemont e Junqueras. O lexislativo catalán reprocha ao maxistrado pretender "alterar a maioría parlamentaria", xa que de non seren substituídos, esta suspensión implicaría a perda da maioría absoluta no bloque independentista.
ENQUISA | O PSOE consolida o primeiro posto en intención de voto en eleccións xerais tras a chegada de Pedro Sánchez ao Goberno de España. Segundo o inquérito de Celeste-Tel para eldiario.es, os socialistas terían algo máis do 27% dos votos, case 3 puntos máis que o PP e uns 6 por riba de C's. Podemos e as confluencias sumarían algo menos do 18%.
O Goberno central quere levar o “só si é si” á reforma do Código Penal sobre delitos sexuais. A vicepresidenta e ministra de Igualdade, Carmen Calvo, avanza no Congreso as súas liñas de actuación na materia, que pasan por devolver competencias aos Concellos.