A presidenta do PP catalán consideraba en 2003 que "o aborto é un dereito da muller". Alicia Sánchez-Camacho díxoo nunha entrevista que agora recupera o portal Llibertat.cat
A presidenta do PP catalán consideraba en 2003 que "o aborto é un dereito da muller". Alicia Sánchez-Camacho díxoo nunha entrevista que agora recupera o portal Llibertat.cat
Un cento de persoas participan, baixo unha forte choiva, na concentración de apoio a Analia, unha muller de Vigo ameazada de desafiuzamento. A Plataforma de Afectados polos Desafiuzamentos de Vigo e Val Miñor esixe a "inmediata" posta en marcha dun servizo de vivendas "para persoas ou familias con alto risco de exclusión social".
A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública denuncia que a renovación do convenio entre Povisa e o SERGAS deixa “en mans privadas toda a atención especializada da área sur de Pontevedra, unha vez que entre en funcionamento en Novo Hospital de Vigo”
O Festiclown Palestina vese obrigado a pospoñer a celebración do festival nos campamentos de refuxiados do Líbano, previsto para a semana do 12 ao 19 de xaneiro. As entidades locais prevén unha escalada da violencia. Iván Prado (Pallasos en Rebeldía) sinala que "o Festiclown Palestina vai ser unha realidade, o aprazamento indica os motivos reais polos que temos que facelo, que son a situación humanitaria tan grave que viven os campos"
A Plataforma de Afectados polos Desafiuzamentos de Vigo e Val Miñor (PAH) convoca unha concentración, ás 11 horas deste luns en Vigo, na rua Pizarro, número 51, para evitar o desafiuzamento dunha familia. Analia Melón e os seus fillos menores de idade non poden afrontar os pagos das mensualidades da súa vivenda.
O Ministerio de Exteriores distribúe entre as embaixadas españolas un argumentario de máis de 200 páxinas contra o proceso soberanista catalán. En El País
O BOE publica hoxe a reforma local do Goberno central, que mañá entra en vigor con todo o municipalismo galego en contra.
O gran patrimonio galego non tributa en Galicia. Nos últimos cinco anos anos, 26 sicav desapareceron do país. En 2011 xestionaban unha fortuna duns 170 millóns e hoxe tan só suman 15.
O Obradoiro cae ante o Baskonia en Compostela malia o excelente partido de Corbacho, que anotou 31 puntos e 7 triplas.
O naval galego, pendente das adxudicacións de Pemex para os floteis. A petroleira comunicará que dous estaleiros construirán os buques logo de varios atrasos e tras as promesas incumpridas da Xunta.